A PRÓXIMA SEMANA DARÁ COMEZO A COLOCACIÓN DE TRAMPAS PARA VELUTINAS DA XUNTA
Durante a vindeira semana a Xunta comezará coa colocación de trampas para velutinas nas parroquias do Concello de Carral.
O obxectivo destas novas trampas é frear a expansión das velutinas a través da captura das avespas raíñas, que no inicio da primavera saen a construír os primeiros niños.
As localizacións dos 121 dispositivos de captura serán aquelas nas que se detectaron niños en anos anteriores.