A SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CONVOCA AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA
A Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia publica unha nova convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) para este ano 2020.
As probas realizaranse nos meses de maio e/ou xuño do 2020 en Santiago de Compostela e Ponferrada. As datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Se precisades máis información podedes consultar no DOG do 12/03/2020.
Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega