A VECIÑANZA DE CARRAL PODERÁ SOLICITAR DE NOVO OS PERMISOS PARA REALIZAR QUEIMAS DE RESTOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS

Desde hoxe, xoves 1 de outubro, as persoas interesadas poderán solicitar de novo as autorizacións para queimas en terreos forestais, así como efectuar as comunicacións para as inscritas en parcelas agrícolas.

Aqueles veciños e veciñas que desexen obter un permiso ou que precisen máis información poden pórse en contacto co servizo de Medio Ambiente do Concello a través do teléfono 678 33 88 73.