ÁBRESE UN SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE CARRAL

Ábrese un segundo prazo de inscrición (dende o 11 ao 18 de xullo) para as semanas dos campamentos de verán nas que quedaron prazas vacantes.

Estas semanas son:

  • English Sport Camp (semana 26 ao 29 de xullo)
  • English Sport Camp (semana do 1 ao 5 de agosto)
  • Campamento de Medio Ambiente (semana do 16 ao 19 de agosto)
  • Campamento de Medio Ambiente (semana do 29 de agosto ao 2 de setembro)

POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN (PREFERENCIA OS EMPADROADOS)

+ info e inscricións na Casa da Cultura de Carral, no casadacultura@carral.es ou 981.672 580.

FICHA DE INSCRICIÓN