Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 250 abonados e ao redor de 5.300 bañistas.

FORMULARIO DE ABONO

O concello de Carral abrirá ao público o venres 16 de xuño as piscinas municipais de  Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21  h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, atópanse incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de  Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25  m x 12,5  m) e outra do tipo  chapoteo infantil.

Os prezos este ano serán os seguintes:

PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS: (BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011)
Entrada libre diaria 1,50€
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e persoas con discapacidade 1,00€
Abono individual tempada de verán. 13,00
Abono familiar tempada de verán. 22,0
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e persoas con discapacidade 10,00
Menores de 3 anos Gratis

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia. Os bañistas deberán usar roupa de baño e  chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais, deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.