Entries by Carlos

O MOSTEIRO DE SOBRADO É O TEMA DA NOVA EXPOSICIÓN NO TOÑITO ESPIÑEIRA

A Concellería de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrece unha nova exposición na sala do edificio Toñito Espiñeira. A mostra recompila en 18 paneis fotografías e textos explicativos do mosteiro de Santa María de Sobrado, que dan a coñecer a historia, valores, recursos turísticos e a reconstrución dun dos mosteiros máis singulares na provincia. […]

Axudas danos fauna salvaxe

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica: – DOG nº5 do martes 8 de xaneiro de 2019 Axudas para a prevención de danos causados polo lobo e o xabaril Prazo: 1 mes Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002. AnuncioG0532-191218-0002_gl AnuncioG0532-191218-0003_gl

Axudas aforro e eficiencia enerxética

D. José Luis Fernández Mouriño, alcalde do Concello de Carral, por medio do presente escrito, fai saber: O Instituto Enerxético de Galicia, publica: – DOG nº6 do mércores 9 de xaneiro de 2018 Axudas a empresas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono […]

CURSO DE PODA DE ÁRBORES FROITEIRAS 2019

Venres 1 de febreiro de 17:00 a 21:00 h e sábado 2 de febreiro de 10:00 a 14:00 h. Prezo: 15 euros Prazas: 20 Inscrición ata o 31 de xaneiro Información e inscricións: Departamento de Medio Ambiente (981670002) maria.couto@carral.es

AXUDAS PARA O ALUGUEIRO

O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica: – DOG nº7 do xoves 10 de xaneiro de 2018 Axudas do bono alugueiro social Prazo: ata o esgotamento do presuposto e, en todo caso ata o 13 de decembro de 2019 Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002. AnuncioC3Q2-281218-0001_gl AnuncioC3Q2-281218-0002_gl […]

AXUDAS PARA CALDEIRAS DE BIOMASA

O Instituto Enerxético de Galicia, publica: – DOG nº4 do luns 7 de xaneiro de 2018 Se anuncia a convocatoria de axudas a particulares para a instalación, ampliación e mellora de caldeiras de biomasa e se procede á selección das empresas instaladoras Prazo para a solicitude de adhesión como empresa colaboradora: hasta o 29/01/2019 Prazo […]

CONVOCADA A 22ª EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL

O Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, ven de convocar unha nova edición do seu premio de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior. Co certame do 2019 cúmprense 22 edicións, sendo un concurso de referencia no ámbito da poesía galega. […]

VINDE A SILLEDA PARK CÁ OMIX!

Silleda Park é un parque de atraccións situado no recinto ferial de Silleda. Por terceiro ano a OMIX de Carral, organiza unha excursión para o día 3 de xaneiro, para os rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Autos de choque, o saltamontes, inchables, ou incluso videoxogos, ademáis de espectáculos e actuacións, son […]

O XOVES 20 DE DECEMBRO TRINKETRINKE ACTUARÁ NA BIBLIOTECA

O próximo xoves, 20 de decembro, Trinketrinke teatro estará na Biblioteca Municipal cun novo contacontos teatral. Aínda que habitualmente as sesión de animación á lectura se realizan o último xoves de cada mes, nesta ocasión adiantamos a nosa cita debido as vacacións de Nadal. “O xornal de Lonxedetodo“ é o título da historia que presentará […]