Entries by Carlos

MOFA E BEFA TRAEN A CARRAL ‘DÚAS PEDRAS NO CAMIÑO’

Cando están a piques de chegar aos 30 anos de existencia, o dúo teatral Mofa e Befa (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo) presentan no Local Xente Nova o seu espectáculo ‘Dúas pedras no camiño’, unha comedia construída a xeito de antoloxía con momentos de boa parte dos seus espectáculos destas tres décadas. A función terá […]

A PELÍCULA ‘LA FAVORITA’ PRESÉNTASE ESTE VENRES NA CASA DA CULTURA

Continúa o programa de Cine na Casa da Cultura que se desenvolve os venres ás 20:30 h. Esta semana proxectarase o filme británico ‘La favorita’, protagonizado por Olivia Colman, Emma Stone e Rachel Weisz. A película, que mestura drama e comedia, transcorre na Inglaterra de principios do século XVIII. Obtivo múltiples nominacións e premios, incluído […]

A BIBLIOTECA OFRECE UN NOVO CONTACONTOS INFANTIL

Nas vésperas do último xoves de mes, a Biblioteca municipal xa está anotando reservas para asistir ao contacontos para animación á lectura dos máis pequenos. Trinketrinke Teatro volve cos Ratos de Lonxedetodo para contarnos a súa “Viaxe pola Galicia encantada”. Esta actividade, que terá lugar ás 18:00 h, está incluída no programa Ler conta moito […]

AS NENAS E NENOS DE CARRAL EN HUMOR AMARELO!

Este pasado mércores a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), levou a vinte nenas e nenos a Humor Amarelo. Ao largo de case dúas horas puidemos realizar as diferentes probas que hai nestas instalación en Feáns. Organizados por equipos as/os participantes fixeron combates de sumo, de paos de espuma, ou carreiras de dragóns. Tamén pasaron […]

DESCUBRINDO O NOSO CONCELLO

Máis de 20 participantes percorreron este sábado parte do noso Concello. Esta actividade, organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) que se enmarca dentro do programa “Patea Carral” e que pretende descubrir e poner en alza o valor natural e patrimonial do noso concello, levou a un grupo de veciñas e veciños por distintas […]

A OMIX LÉVAVOS A HUMOR AMARELO!

Quizais algúns ou algunhas de vos non o recordaredes pero Humor Amarelo era un programa de televisión nos que os/as participantes intentaban superar probas  de axilidade e habilidade. Pois desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha saída a estas instalacións, para a mocidade de entre 8 e 17 anos. Será o día […]

PATEA CARRAL: ROTEIRO POLOS MUIÑOS DA COSTA DA ÉGOA.

Unha vez máis a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza un roteiro de “Patea Carral”, nesta ocasións polos muíños da Costa da Égoa. O 25 de setembro, sábado, realizaremos esta andaina desde o centro do pobo ata os muíños, pasando por diferentes parroquias, ata chegar a este fermoso paisaxe que temos no noso concello. […]