CAMIÑO DA INNOVACIÓN, UN ESPAZO ITINERANTE QUE PRESTARÁ ASESORAMENTO ÁS PEMES

A Xunta de Galicia puxo en marcha a iniciativa Camiño da innovación, un espazo itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro -en horario continuo de 9 a 18 horas-, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Poranse a disposición do público tamén materiais explicando as ferramentas e técnicas de innovación, que se irán incrementando con novos contidos durante 2022, e un curso en liña sobre aspectos básicos da innovación