CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña lanza unha nova edición da súa Campaña da Neve para acudir á estación de Valgrande-Pajares entre o 13 de xaneiro e o 17 de febreiro.

A iniciativa está dirixida a mozos e mozas de entre 11 e 15 anos que aprenderán a esquiar nunha das mellores estacións do país. En caso de que o tempo non o permita, realizaranse actividades complementarias.
As inscricións poden tramitarse no Concello de Carral.