CARRAL CONMEMORARÁ A VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO, O AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS
A Casa da Cultura de Carral acollerá este mércores, 4 de novembro ás 20.00 horas, unha homenaxe á vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, o autor laureado nas Letras Galegas de 2020. Trátase dun recital poético e musical no que o público asistente vivirá unha auténtica viaxe sonora e audiovisual sobre a traxectoria do escritor.
Durante o acto, os poemas de Carvalho Calero converteranse en música grazas á guitarra de Moisés Quintas Suárez e á voz de Aser Álvarez. O espectáculo inclúe a proxección do documental ‘Carvalho Calero sem fronteiras’, dirixido por Aser Álvarez.
Atendendo á situación sanitaria da COVID-19, a función contará con aforo limitado. As persoas interesadas en acudir deberán anotarse previamente chamando ao teléfono 981 67 25 80.