CARRAL CONTARÁ CO SERVIZO DUN AXENTE DE DESENVOLVEMENTO LOCAL A TRAVÉS DUN CONVENIO COS CONCELLOS DE OZA-CESURAS E COIRÓS
En convenio cos Concellos de Oza-Cesuras e Coirós, Carral optou a unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para poder ter o servizo dun Axente de Desenvolvemento Local en Carral que poida facilitar a implantación de políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial.
O Concello de Oza-Cesuras, como promotor, publica as bases de contratación de persoal laboral temporal da praza de axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
O servizo levarase a cabo nos tres Concellos, tendo tres sedes laborais, e en Carral realizarase dous días á semana.
As persoas interesadas terán que facer a solicitude de participación no proceso de contratación a través do Concello de Oza-Cesuras. Tamen tedes a posibilidade de entregar a documentación no Concello de Carral indicando, no rexistro, que vai dirixido ao Concello de Oza-Cesuras.