CARRAL IMPULSA A ACTIVIDADE HOSTALEIRA A TRAVÉS DO PRIMEIRO CONCURSO DE TAPAS ‘CARRAL, CON MOITO GUSTO’
O goberno local de Carral lanza o primeiro concurso de tapas ‘Carral, con moito gusto’ co obxectivo de darlle un impulso á actividade hostaleira e turística do pobo e dinamizar a vida social.
Tras finalizar o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros participen nesta iniciativa, anotáronse un total de 8 hostaleiros: O Piolindo, A Rotonda, Bodega O Alpendre, A Taberna Siglo XXI, O Lareiras, O Caravel, Pizzería Centro, (Tabeaio) e Bocagrande (Tabeaio).
O concurso de tapas levarase a cabo do 5 ao 8 de decembro, aproveitando o ponte da constitución e os prezos dos petiscos serán de 1 euro cada un. Ademais, haberá premios para a xente que participe.
Desde o goberno local móstranse “moi satisfeitos coa acollida do concurso e esperan que sexa todo un éxito”.