O Concello reforzará a seguridade peonil na rúa Alcalde Juan Seijas. As obras, que comezaron esta mesma semana, suporán unha mellora considerable nas condicións de seguridade e accesibilidade nesta rúa, onde se atopan o CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e a escola infantil A Galiña Azul. O alcalde de Carral, Javier Gestal, incide na importancia destas actuacións e incide que parten, directamente, “dás demandas e necesidades que nos trasladaron desde as comunidades educativas de ambos os dous centros de ensinanza”.

O proxecto abarcará unha reforma integral de toda a área. Por unha banda, no espazo que discorre entre o Vicente Otero e a N-550, o Concello executará unha plataforma única cun pavimento de formigón elevado con respecto ao resto da calzada. Polo outro, ampliarase o ancho da beirarrúa de acceso á Galiña Azul e ao Vicente Otero, reforzando así a seguridade para o alumnado e as familias que acoden, diariamente, a ambos os recintos escolares.

As intervencións supoñerán, ademais, a creación de novas zonas verdes, a mellora da sinalización horizontal, a renovación de parte da iluminación da rúa e a instalación de novo mobiliario urbano como bancos e papeleiras.

O Concello iniciou as obras tras a finalización do curso escolar para minimizar as molestias do alumnado e das súas familias. Estes traballos foron adxudicados por preto de 150.000 euros.