CARRAL PROPONSE ACABAR COA BASURALEZA E ORGANIZA UNHA ACCIÓN DE VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL NO CAMIÑO INGLÉS

O Concello de Carral proponse rematar coa basuraleza -residuos abandonados nas contornas naturais- dunha vez por todas. Para logralo, levará a cabo unha acción de voluntariado medioambiental coa que busca retirar este lixo nalgúns dos tramos do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio.

A través do “Proxecto orixe, facemos camiño”, impulsado por SEO BirdLife e financiado por Cabreiroá, os voluntarios terán acceso aos materiais necesarios e poderán, ademais, consultar calquera cuestión cun educador ambiental.

A iniciativa levarase a cabo este domingo, 11 de xullo, de 10.00 a 13.00 horas. O punto de encontro e de saída das persoas participantes será no local social de Sergude.

As persoas interesadas poderán anotarse no departamento de Medio Ambiente ata o 8 de xullo. En caso de precisar máis información, pódese chamar aos teléfonos 981 67 00 02 e 678 338 873.