O cantautor e actor galego Xoán Curiel, presentará coa súa banda Son+d2 o concerto Estamos no verán!!! no Campo da Feira de Carral. A actuación, incluída no programa Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia e no que colabora o Concello de Carral a través da súa concellería de Cultura, vai dirixida a un público familiar na que os rapaces gozan cun repertorio divertido e entrañable.
O concerto terá lugar o domingo 30 de agosto, ás 19:00 h, diante da Casa do Concello. No caso de dificultades meteorolóxicas trasladarase ao edificio Toñito Espiñeira.
Xoán Curiel é un recoñecido cantante galego que leva acumulada unha extensa traxectoria como compositor e intérprete, con cancións de diversos estilos (pop, rock, funky e músicas do mundo). Capaz de facer nas súas composicións ácidas críticas á situación do mundo actual, tamén sabe elaborar repertorios que encaixan cos gustos do público infantil e xuvenil. Co espectáculo Estamos no verán!!! Xoán Curiel está percorrendo a xeografía galega para compartir con nenos e nenas o tempo e ledicia das vacacións estivais. É un concerto divertido e participativo no que rapaces e maiores gozarán cantando e bailando.
O equipo dá Costa dá Morte alzouse co trofeo de campión tras unha dura loita co “Grupo Work”, de Coruña. Read more
A U.D. Carral, o C.F. Visantoña e a Cauca de Carral, disputaron un triangular amigable. Read more
A U.D. Carral, o C.F. Visantoña e a Cauca de Carral, disputarán un triangular amizoso. Read more
Máis de 90 xogadoras participaron neste torneo a pasada edición. Read more
Na 5ª edición foron máis de 40 os xogadores inscritos. Read more
Esta actividade data de 1997 e ano tras ano reúne un gran número de xogadores. Read more
O ciclista de Arteixo conseguiu a primeira posición cun tempo de 20 minutos e 23 segundos, a 40 segundos do récord da proba. Read more
Para esta 4ª edición son xa 60 os ciclistas inscritos nesta proba ciclista de verán. Read more
Son un total de 13 os tenistas inscritos para esta XIV edición do torneo de tenis de verán.
Read more