O Concello de Carral firma un convenio de colaboración con Fundación SEUR para a recollida de tapòns en beneficio de menores en estado de necesidade por enfermedades non cubertas polos sistemas sanitarios ordinarios. Caixas atópanse no Edificio Social Toñito Espiñeira e na Casa da Cultura
11210445_1571288469804828_4123171472284384157_n

 

O Concello de Carral desexa comunicar que ante a acusación verquida no día de hoxe de que denega o uso dun local municipal para a realización dunha asemblea aberta de cidadáns, ningún membro do Goberno municipal nin empregados desta administración comunicou negación algunha ás solicitudes de locais ás formacións políticas que as tramitaron formalmente. De feito, no día de hoxe terán lugar actos políticos en dependencias municipais, tendo a disposición das organizacións solicitantes todo o mobiliario e equipamento audiovisual instalado nas salas.

Desde hai meses o Concello de Carral ten cedido espazos dos edificios públicos municipais e a colaboración do seu persoal, para a realización de reunións e actos de índole política, sen que en ningún momento se vetara nin censurara o seu uso.

O Concello de Carral mantén desde os últimos anos unha política de cesión dos locais municipais para favorecer as dinámicas sociais, culturais e recreativas dos veciños e veciñas do municipio, sen que se impuxeran restricións máis alá das fixadas nas ordenanzas municipais e na lexislación vixente. Desta politica téñense beneficiado asociacións, particulares e formacións políticas, establecendo para todos os mesmos criteiros de uso.

Polo antes exposto, o Concello de Carral considera unha grave e equivocada afirmación asegurar que se lle nega un espazo público a unha organización cando é falso e contrario ás intencións dos responsables desta administración. E considera que na disputa política que haberá con motivos das eleccións municipais, non se poden facer este tipo de acusacións, nas que se ven implicados ademais os traballadores e traballadoras desta administración local, que en todo momento teñen demostrado imparcialidade e profesionalidade para colaborar con toda clase de organizacións que precisan dos recursos públicos municipais.

 

A Concellería de Cultura organiza unha exposición da súa Escola de Teares e Tapices, con traballos confeccionados no actual curso.

Na exposición presentaranse unha vintena de obras con diversas técnicas que se foron perfeccionando ao longo do curso que imparte a profesora Josefina Sedes.

A mostra abrirá ao público entre o 6 e o 15 de maio.

A escola de tapices é a máis antiga das que mantén a Concellería de Cultura e son moitas das súas alumnas as que levan máis de 17 anos traballando estas técnicas.

Cartel exposición tapices 2015.

Imprimir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ImprimirA Festa do Pan de Carral é unha celebración na que se unirán os produtos gastronómicos coas actividades de convivencia musicais, unindo historia, música tradicional e festa. Celebrarase o 9-10 de maio de 2015, dedicando todo un fin de semana á exaltación deste produto típico identificativo do concello de Carral.

Para información chamar ao departamento de Comercio do Concello de Carral 981613520.

Acércase a XIII Festa do Pan de Carral 2015 que serán o próximo 9-10 de maio de 2015, polo tanto ábrese o prazo para solicitar un lugar para formar parte da Feira medieval que se celebra no evento.

Quen estea interesado pode pode descargar a documentación necesaria nos enlaces de información ou chamar ao departamento de comercio ao 981613520 a partir do luns 6 de abril ata o 7 de maio de 2015.

Descargar bases para participar na Feira Medieval da XIII Festa do Pan de Carral

Logo de realizadas as entrevistas persoais, segundo a base 8ª das aprobadas para rexer a selección dun/ha traballador/a, publícase a puntuación das mesmas así como a puntuación total resultante da suma da fase de concurso e da fase de entrevista.

 

 

acta puntuación global

Logo de realizadas as entrevistas persoais, segundo a base 8ª das aprobadas para rexer a selección dun/ha educador/a social, publícase a puntuación das mesmas así como a puntuación total resultante da suma da fase de concurso e da fase de entrevista.

 

 

acta puntuación global

Cartel Mártires de Carral 2015A Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levará cabo os actos de recordo aos Mártires da Liberdade.

O sábado 25 de abril, ás 21:00 h, a asociación representará a obra Abril de Lume e Ferro, que escribiu en memoria dos Mártires de Carral o poeta Manuel María. A función terá lugar nunha carpa no Campo da Feira, e rematará cun concerto de Joandome que presentará o seu disco “Love as universal right avaliable”. A obra de teatro quere dedicarlla a asociación ao seu membro e actor Santiago Pardo, que finou recentemente.

O 26 de abril realizarase unha ofrenda floral no monumento aos Mártires de Carral, coa intervención do mestre David Otero e coa música do grupo de gaitas “Catalmibre Tradicional”.

A Asociación Cultural Aires de Carral, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levan a cabo unha nova Mostra de Música Coral, que terá lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira, o sábado 25 de abril ás 20:00 h.

Na Mostra deste ano participarán, ademais de Aires de Carral, as corais polifónicas de Barreiros e Entenza de Salceda de Caselas.

A entrada ao concerto é libre.

Cartel Mostra Música Coral 2015.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ten programado durante o mes de abril unha serie de actos para conmemorar o mes do libro. Novas lecturas, contacontos, música , cine e teatro

Pablo Díaz estará en Carral bibliotecas-bibliotecas-4850co seu espectáculo “Cantacontos para bebés”, actividade encadrada dentro do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura. Será o 25 de abril ás 5 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) Esta actividade ten aforo limitado e é necesario recoller as entradas na Casa da Cultura, a partir do 20 de abril.

O 22 e 23 de abril os nenos e nenas de infantil do CPI Vicente Otero e da escola Unitaria de Tabeaio virán a visitar a biblioteca onde os agardará o contacontos Caxoto. 

Os nenos e nenos da escola infantil A Galiña Azul tamén están a facer visitas á biblioteca infantil.

O venres 24 de abril levarase a cabo o obradoiro “O pequeno artesán do libro”, na biblioteca pública municipal ás 18:00 horas.

Os usuarios poden gozar xa dun novo rincón de lectura, un lugar axeitado para ler a prensa e para relaxarse gozando dos libros. Ademáis terán á súa disposición as últimas novidades tanto en literatura para adultos como para nenos e nenas e o mellor cine, na nosa sección de audiovisuais. Son un importante número de obras as que acaban de chegar ó noso fondo.