Cartel recogida xoguetes 2015 (2

 

A Concellería de Educación, Traballo e Benestar coa colaboración da Asociación Xuvenil Mil e Pico realizan unha campaña de recollida de xoguetes que estén novos ou en bo estado para as familias sen recursos e con menores poidan ter o seu agasallo de nadal. Os puntos de recollida son o Concello, o Edificio Social Toñito Espiñeira e a Casa da Cultura. Para máis información pódese chamar ao departamento de Servizos Sociais 981613520.

Cartel recogida alimentos

Dende a Concellería de Educación, Traballo e Benestar organízase unha campaña de recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. Teñen prioridad polas datas nas que nos atopamos, os alimentos de nadal e alimentos en conserva. Pódense deixar nos establecementos colaboradores que teñen puntos de recolllida: Eroski, Día, en caixas nas entradas tanto do Ceip Vicente Otero Valcárcel como do Ies de Carral e na Farmacia Seijas de Tabeaio. Para máis información podedes contactar coa Concelleira Florinda Duarte ou co departamento de Servizos Sociais 981613520.

 

Neira Vilas na biblioteca de Carral-1O Concello de Carral únese á dor que causa en Galicia a morte de Xosé Neira Vilas, un home exemplar que representou o mellor das nosas letras, da nosa cultura e dos valores da infinidade de galegos que emigraron a América.

Carral manterá na súa memoria as múltiples veces que Neira Vilas e a súa muller, Anisia, visitaron o municipio para compartir as súas vivencias e o seu amor por Galicia, ofrecendo sempre cariño e xenerosidade.

O Concello de Carral transmite as súas condolencias á familia, compañeiros e amizades deste ilustre galego que nos transmitiu sabiduría e unha extensa obra literaria encabezada pola inigualable “Memorias dun neno labrego”.

 

Neira Vilas na biblioteca asinando libro 1

Dende a Concellalía de Educación,Traballo e Benestar do Concello de Carral organizáronse co  IES de Carral diversas actividades para traballar a concienciación sobre a eliminación da violencia de xénero. O día 25 de novembro, data elexida polas Nacións Unidas para conmemorar o Dia internacional da eliminación da violencia contra a muller, en Carral realizouse unha  andaina dende o instituto ata o Concello con todo o alumnado e os seus respectivos titores e titoras, “votándose” á rúa como forma de concienciación. Unha vez alí a clase de 4º leeu o manifesto. A continuación leéronse os diferentes relatos que días antes elaboraron os alumnos e alumnas dol instituto sobre a concienciación para eliminiar a violencia de xénero, e presentáronse distintas pancartas con lemas elaborados por aulas.

Con estas actividades tanto dende o Concello como dende o instituto contribuiremos á construción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.

Pódese ver un álbum de fotos do día na páxina municipal de facebook Educación e benestar Carral:

Facebook Educación e Benestar Carral

IMG_7034

 

Sede de Mal -Xabier Deive e Luis IglesiaOs actores galegos Luis Iglesia e Xabier Deive traen a Tabeaio o seu espectáculo Sede de Mal, unha comedia a doce cordas sobre o lado escuro da vida. Humor, teatro e música ao vivo con blues e rock and roll “á galega” cos dous dos intérpretes mais importantes da escena galega dos últimos anos. É un espectáculo dirixido especialmente a público adulto.
Esta produción de Boneca Lareta está incluída no ciclo Teatro de Outono de Carral e na Rede Cultural que promove a Deputación Provincial.
Sede de Mal está programada para o sábado 28 de novembro, ás 20:00 h, no local Xente Nova de Tabeaio. A entrada é de balde.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza o concerto da coral polifónica El Eco que ofrecerá o domingo 29 de novembro, ás 13:00 h, na igrexa de Carral. A actuación está incluída na Rede Cultural que promove a Deputación Provincial.
El Eco é unha coral da Coruña fundada en 1881 por Pascual Veiga, o cal supón que é a coral en activo máis antiga da Península Ibérica. Entre os seus recoñecementos cómpre salientar a Medalla de Prata da Coruña, e as medallas de ouro de París e Porto.
Entre os directores que estiveron á cabeza da coral destacan José Castro “Chané”, Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, Francisco Méndez ou Rogelio Groba. Algunhas das figuras salientables que formaron parte de El Eco foron o vocalista Pucho Boedo ou o compositor Xabier de Paz.
O seu repertorio está composto por cantatas, oratorios, opereta e zarzuela.

El Eco cor

Trinketrinke Teatro presentará o próximo xoves 26 de novembro un contacontos baseado no conto tradicional Riciños de Ouro e os tres Osos, narrado pola familia dos Ratos da Biblioteca.
Esta actividade está dirixida a nenos de 3 a 8 anos.
Será na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) a partir das 18:00 horas. Entrada libre.

cartelriciñosok

XXII Carreira Popular

A pesar da intensa choiva, moitos corredores non quixeron perderse esta tradicional proba.

A A.X. Mil e Pico, coa colaboración do Concello de Carral, o club de patinaxe Alquimia, a asociación Castelo Deporte e a tenda especializada Marathon Running Shop, organizou este domingo a vixésimo segunda edición desta clásica Carreira. Read more

A compañía O Aturuxo de Melpómene toma a quenda no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral para presentar a súa comedia “Desencaixados”.

A obra, que se mergulla con humor na crise pola que pasa actualmente a nosa sociedade, está dirixida por Pablo Sánchez (Pablísimo) e protagonizada por Juanín Ares Gondell, Iván González, María Veiga, Agustín Bolaños, Óscar Manso e Tere Rúa. Esta última conseguiu pola súa interpretación os premios á mellor actriz na 3ª Edición do Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Guardo (Palencia) e na 11ª Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.

A función comeza ás 20:00 h. no local Xente Nova de Tabeaio. A entrada é de balde.

[kad_youtube url=”https://www.youtube.com/watch?v=C5BF-GpiEH0″]

A Concellería de Cultura do Concello de Carral programará entre os meses de novembro e decembro un total de 8 funcións de teatro, entre as que se inclúen tres espectáculos para público infantil.

O ciclo contará con compañías tanto afeccionadas, como é o caso do Aturuxo de Melpómene, como de profesionais. No caso dalgunhas das obras, os seus protagonistas son recoñecidos actores galegos con continua presenza en series da TVG. É o caso, por exemplo, dos actores Luis Iglesia e Xavier Deive, que estarán en Tabeaio co seu espectáculo de humor Sede de Mal.

O programa completo deste ciclo teatral é o seguinte: Cartel Teatro de Outono 2015.

 

“Viaxe a Dadá”

Teatro da Semente

teatro para bebés de 0 a 3 anos

Sábado 14 de novembro – 18:00 h

Edificio Social Toñito Espiñeira

 

“Desencaixados”

O Aturuxo de Melpómene

Sábado 21 de novembro – 20:00 h

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“Sede de Mal”

Boneca Lareta con Luis Iglesia e Xavier Deive

Sábado 28 de novembro – 20:00 h

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“Occidente”

Espello Cóncavo

Sábado 5 de decembro – 20:00 h

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“Rodarirodari – Contos do tranvía”

Fantoches Baj

espectáculo infantil (4 a 12 anos)

Sábado 12 de decembro – 18:00 h

Edificio Social Toñito Espiñeira

 

“Rosalías”

Teatro do Antroido

para alumnado do IES de Carral

Xoves 17 de decembro

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“A Alfombra Máxica”

Títeres Babaluva

actividade para bebés de 6 a 18 meses

Martes 22 de decembro – 17:00 h

Edificio Social Toñito Espiñeira

 

O acceso aos espectáculos é de balde ata completar o aforo.

A Concellería de Cultura ven prestando especial atención á programación teatral dos últimos anos, dado o aumento no número de espectadores.

A Deputación Provincial colabora co ciclo a través da súa Rede Cultural.