INAUGURACION OBRADOIRO

O dia 1 de setembro comeza o Obradoiro de Emprego “Atención á dependencia no fogar e nas institucións” con alumnado desempregado pertencente a cada un dos concellos que forman o proxecto financiado pola Conselleria de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, que son Abegondo, Bergondo, Mesía e Carral. A inauguración realizouse ás 11 da mañán coa presencia da Conselleira de Traballo e Benestar Dona Beatriz Mato Otero e os Alcaldes dos respectivos municipios.

Durante 6 meses e cun contrato de formación aprendizaxe o alumnado participará nas accións que se impartirán nos distintos locais dos concellos promotores e as prácticas en distintos centros institucionais e domicilios. No caso de Carral se impartirán as clases no Centro de formación  Antón Fraguas.

Especialidades que se imparten:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Unha formación cun nicho de emprego importante e co cal se acadará un alto porcentaxe de inserción laboral.

Imaxen Tanxarina TitiricircusA Concellería de Cultura do Concello de Carral programa nas festas do Socorro de Carral dous espectáculos infantís. O primeiro é un concerto do grupo Mamá Cabra, no que repasará a súa traxectoria destes 15 anos de existencia da agrupación musical que é unha das máis coñecidas dos nenos galegos. Mamá Cabra actuará o sábado 5 de setembro e é un concerto incluído na Rede Cultural da Deputación.

O domingo 6 os pequenos e os maiores da familia poderán gozar dun espectáculo de títeres a cargo da compañía galega Tanxarina, que chega a Carral coa súa veterana función Titiricircus, un espectáculo que acumula 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido. Esta función está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Ámbolos dous espectáculos terán lugar no Campo da Feira a partir das 18:00 h.

O programa Noite de Cine que promove a Deputación Provincial da Coruña e que en Carral se leva a cabo coa colaboración da Concellería de Cultura, ofrecerá dúas películas o mércores 2 de setembro.

As proxeccións realizaranse no Campo da Feira, comezando ás 21:30 h coa película Frozen: el reino del hielo, e continuando ás 23:00 h con Lo imposible.Imaxe web NOITE DE CINE 2015 .

A primeira das películas é unha produción dos estudios de Disney que acadou dous premios Oscar e que converteu aos seus personaxes Elsa, Anna e Olaf, en referentes do público infantil. Pola súa banda, Lo imposible, do director español Juan Antonio Bayona e cos actores Naomi Watts e Ewan McGregor, obtivo cinco premios Goya e foi nominada aos Oscar e aos Globos de Ouro. Este drama, baseado nun feito real, narra a historia dunha familia que viviu nas súas propias carnes o tsunami do 2004 en Tailandia.

O acceso ás películas é de balde. No caso de choiva, as proxeccións faranse na sala do edificio social Toñito Espiñeira.

Cartel tiro con arco 2Este sábado 29 de agosto, a partir das 18.00 h, o club Adarve de tiro con arco en colaboración do Concello de Carral, levará a cabo unha mostra da súa disciplina na pista polideportiva da piscina municipal.

 

O obxectivo do goberno local e do club Adarve, fundado en decembro de 1992, é o de fomentar e dar a coñecer esta modalidade deportiva entre a poboación carralesa de todas as idades. Dende os cinco anos calquera persoa poderá coñecer e probar de forma gratuíta a experiencia do tiro con arco. Sempre estarán axudados e asesorados polos monitores especialistas do club, que achegará o material didáctico e de seguridade para que a práctica discorra da forma máis lúdica posible. Read more

O cantautor e actor galego Xoán Curiel, presentará coa súa banda Son+d2 o concerto Estamos no verán!!! no Campo da Feira de Carral. A actuación, incluída no programa Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia e no que colabora o Concello de Carral a través da súa concellería de Cultura, vai dirixida a un público familiar na que os rapaces gozan cun repertorio divertido e entrañable.Estamos no veran- Xoan Curiel-web
O concerto terá lugar o domingo 30 de agosto, ás 19:00 h, diante da Casa do Concello. No caso de dificultades meteorolóxicas trasladarase ao edificio Toñito Espiñeira.
Xoán Curiel é un recoñecido cantante galego que leva acumulada unha extensa traxectoria como compositor e intérprete, con cancións de diversos estilos (pop, rock, funky e músicas do mundo). Capaz de facer nas súas composicións ácidas críticas á situación do mundo actual, tamén sabe elaborar repertorios que encaixan cos gustos do público infantil e xuvenil. Co espectáculo Estamos no verán!!! Xoán Curiel está percorrendo a xeografía galega para compartir con nenos e nenas o tempo e ledicia das vacacións estivais. É un concerto divertido e participativo no que rapaces e maiores gozarán cantando e bailando.

O equipo dá Costa dá Morte alzouse co trofeo de campión tras unha dura loita co “Grupo Work”, de Coruña.                               Read more

A U.D. Carral, o C.F. Visantoña e a Cauca de Carral, disputaron un triangular amigable.  Read more

A U.D. Carral, o C.F. Visantoña e a Cauca de Carral, disputarán un triangular amizoso. Read more

Máis de 90 xogadoras participaron neste torneo a pasada edición.  Read more