O pavillón de “O Espiño” acollerá o domingo 12 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe “Alquimia”, dará comezo ás 17.00 h e rematará arredor das 19.30 h.

Nesta xa clásica cita deportiva, está prevista a presenza de 8 clubs, colexios e escolas deportivas municipais (Club Anca (Lugo), Club Conxuro (Laracha), o Club Raiola (Ferrol), Brexo Lema (Cambre), Club Alquimia de Cambre, a Escola Lubiáns (Carballo), Club Alquimia de Carral e a Escola Deportiva Municipal de Carral), que reunirán uns 220 patinadores de todas as idades.

Por outro lado, a concellaría está a ultimar os preparativos para a realización dos próximos eventos deportivos; o I Torneo de Ximnasia Rítmica de Carral e o Certame anual de Ximnasia Rítmica, que terán lugar o próximo 2 de maio durante todo o día tamén na mesma instalación e na que se espera contar coa presenza de ao redor de 200 nenas; e o acto de Clausura do curso 2014/2015 das Escolas Deportivas, Culturais e Educativas Municipais que terá lugar o próximo 30 de maio.

Todas estas actividades continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral, mediante o seu departamento de deportes, está a desenvolver durante este ano 2015. Con este programa deportivo, a autoridade municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo municipal e en especial entre un sector da poboación tan sensible como é o infantil.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral ou no teléfono 981 672580.

A Consellería de Economía e Industria:

DOG nº43 do mércores 4 de marzo de 2015

Axudas para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos e rentas baixas

Prazo: ata o 30 de abril de 2015

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

A empresa Unión Fenosa Distribución vén de comunicar a este Concello que:

En cumprimento da Lei 12/2012 de Montes de Galicia procederá, en 15 días, á limpeza de maleza e retirada de pinos e eucaliptos en 5 metros dende o cable exterior das liñas, se os propietarios dos terreos non están interesados en realizar estas labores previamente.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

A empresa Unión Fenosa Distribución vén de comunicar a este Concello que:

En cumprimento da Lei 12/2012 de Montes de Galicia procederá, en 15 días, á limpeza de maleza e retirada de pinos e eucaliptos en 5 metros desde o cable exterior das liñas se os propietarios dos terreos non están interesados en realizar estas labores previamente.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

De novo o gran Pablísimo vennos visitar e preséntanos o seu espectáculo “Contiario”, unha morea de historias interesantes para todos os nenos e nenas: contos con moitos finais, adiviñas, contos-canción, fábulas….

Serà o venres 13 de marzo na biblioteca pública municipal (Casa da Cultura) ás 6 da tarde.

-DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2015

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica,

Orde do 12 de febreiro de 2015 pola que se convocan:

Axudas a explotacións gandeiras para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para repoñer reses sacrificadas obrigatoriamente como consencuencia de programas oficiais de loita, control e vixianza de enfermedades dos animais.

Prazo: ata 30 de novembro de 2015

Máis información no Servicio de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981 67 00 02.

Continuando coas actividades de animación á lectura, a Biblioteca Municipal organiza para o vindeiro venres, 27 de febreiro, un contacontos a cargo de Caxoto que nos ofrecerá “ Nicassio, un pintor de brocha gorda”, unha divertida historia para os máis pequenos.

A actividade será na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) ás 18:00 horas.

cartel-carnavalSÁBADO 14 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 22.00

BAILE DE entroido no local social herves. Patrocinado e organizado pola Comisión de Festas de Veira.

LUNS 16 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 22.00

BAILE DE entroido no local xente nova de tabeaio. Patrocinado e organizado pola Asociación de veciños O Rueiro de Tabeaio.

LUNS 16 DE febreiro A PARTIR DAS 23.00

BAILE DE entroido no local social cañas. Patrocinado e organizado pola Asociación de veciños Rio Barcés de Cañas.

cartel-carnavalDOMINGO 15 DE FEBREIRO 17.30-19.30

FESTA E DESFILE DE DISFRACES INFANTIL NO CAMPO DA FEIRA

DOMINGO 15 FEBREIRO A PARTIR DAS 17.30

BAILE DE ENTROIDO PARA MAIORES NO EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA

MARTES 17 DE FEBREIRO

TARDE DE ENTROIDO DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS 17.30 h. DESFILE DE CARROZAS, COMPARSAS (mínimo 10 compoñentes) e ADULTOS INDIVIDUAIS E GRUPOS polas rúas de Carral e con CHARANGA RUADA

19.30 h CHARANGA DE ENTROIDO E ENTREGA DE PREMIOS LOTES DE PRODUTOS TÍPICOS DO ENTROIDO DONADOS POLOS BARES E RESTAURANTES DE CARRAL:

INSCRICIÓNS

NO EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA E NO TELÉFONO 981613520

NA CASA DA CULTURA E NO TELÉFONO 981672580 SE CHOVE ORGANÍZANSE NO PAVILLÓN O ESPIÑO