Rematado o prazo de inscrición nos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL que se celebrarán entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, publícanse ás LISTAS das solicitudes admitidas:
Rematado o prazo de inscrición nos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL que se celebrarán entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, publícanse ás LISTAS das solicitudes admitidas:
A Casa da Cultura acollerá este venres a presentación do libro “O obxecto muller e o xiro ontolóxico” da profesora e crítica literaria Inma Otero Varela, e publicado por Euseino? Editores. O acto, que contará coa participación da autora acompañada do filósofo e poeta Carlos Lema, comezará ás 20:00 h. e é necesario para asistir, como unha das medidas preventivas contra o covid-19, anotarse previamente na Casa da Cultura (tel. 981 672 580).
O acto está organizado pola Asociación Eco Cultural Lacrar, coa colaboración do Concello de Carral.
Trinketrinke Teatro presentará o xoves 16 de decembro a última sesión de contacontos que organiza cada mes a Biblioteca municipal para a rapazada de 4 a 8 anos de idade. Nesta ocasión os Ratos de Lonxedetodo presentan “Aventuras na cociña”. A sesión comezará ás 18:00 h.
Xa se poden reservar entradas, que son limitadas, chamando ao 981 672 580.
O Concello de Carral levou a cabo a entrega de premios do seu Concurso de Tapas “Carral con moito gusto”. Nesta segunda edición, O Piolindo volveu conquistar os padais da clientela e do xurado profesional coa súa elaboración “Nin albóndegas nin croqueta, lacón con seta”. Por segunda vez, o local fíxose tanto co primeiro premio do xurado profesional como co galardón do público. O establecemento xa conseguira este fito na primeira edición da iniciativa, celebrada en 2019.
No segundo posto produciuse un empate entre a Pizzería Centro Tabeaio (tapa “Meixela á miña maneira”) e o Bar Tropezón (tapa “Lingua de tenreira con pataca confitada”.
Desde o goberno local valoraron as cifras de participación nesta edición e agradeceron o “compromiso e o esforzo realizado polos hostaleiros participantes ao longo do certame”. O obxectivo do equipo de goberno é seguir apostando por este tipo de iniciativas, coas que se busca “promover o consumo nos bares, restaurantes e todo tipo de negocios hostaleiros, que viviron un ano e medio especialmente difícil pola emerxencia sanitaria, sufrindo varios peches e paróns na súa actividade”.
Datas: do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.
Horario: de 7.30 a 16.00 h (consultar tramos horarios)
Destinatarios: nenos/as de entre 3-15 anos
Prazas: 80
Prazo de inscrición do 1 ao 17 de decembro a través do mail casadacultura@carral.es
Prezo: 35 €
+ Info na Casa da Cultura de Carral (981.67.25.80)
Servizo de Atención Temperá da agrupación de concellos de Abegondo, Bergondo e Carral, dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu contorno co obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
Os 9 locais de hostalería que participan no II concurso de tapas ‘Carral con moito gusto’ xa teñen todo preparado para servir desde mañá, venres 3 de decembro, ata o luns, 6 de decembro, os seus petiscos especiais.
Nesta segunda edición participarán: Bar Tropezón, Cervexería Boca Grande, Pizzería Centro Tabeaio, Restaurante A Taberna XXI, Cervecería Solpor, Café Bar Piolindo, O’ Lareiras, Cervexería P.3 e O’Alpendre.
Trátase da segunda edición desta iniciativa, que naceu en 2019 e que acadou uns excelentes resultados entre os locais de hostalaría do municipio. Agora, o goberno local recupera a proposta, coa que se busca “promover o consumo nos bares, restaurantes e todo tipo de negocios hostaleiros, que viviron un ano e medio especialmente difícil pola emerxencia sanitaria, sufrindo varios peches e paróns na súa actividade”.
Premios aos hostaleiros
Todas as tapas poderán optar ao Premio á Mellor Tapa 2021 e o 1º e 2º premio do xurado profesional. Por unha banda, o Premio á Mellor Tapa será seleccionado polos propios clientes, que deberán elixir cal foi a súa elaboración favorita. Para facelo, poderán emitir o seu voto a través dun cupón que se lles entregará no propio establecemento. Pola outra banda, para conceder o 1º e o 2º premio do xurado profesional teranse en conta os seguintes criterios: elaboración da tapa; olor textura e sabor; presentación; calidade do servizo e orixinalidade e creatividade.
A Concellería de Cultura presenta dúas películas e animación para toda a familia que se prexectarán nestas datas de Nadal.
Mascotas 2 ofrecerase o venres 10 de decembro e Los Croods: una nueva era o venres 17. As dúas películas comezarán ás 18:00 h.
Para asistir é necesario reservar convites no 981 672 580. As prazas son limitadas.
O Concello de Carral quere fomentar entre a súa veciñanza, aproveitando a festividade do Nadal, o ornamento exterior das vivendas, tentando así un embelecemento xeral do municipio que servirá para o goce de residentes e visitantes.
Para iso, o Concello de Carral convoca un concurso que se rexe polas seguintes bases: