Máis de 255 ciclistas competiron o sábado en Carral na 10ª proba da Copa Galicia de Ciclocrós. Read more
O vindeiro luns día 16 de decembro, realizarase a reapertura do local interxeracional (antigo Local da Xuventude), situado na R/ Alcalde Juan Seijas nº 8, baixo.
Este novo centro terá un horario de luns a venres de 16:00 a 21:00 h., e nel tanto a mocidade como as persoas maiores disporán do seu espazo. Un espazo que sirva de referencia e de punto de encontro e onde poderán desenvolver diferentes actividades.
O novo local interxeracional, dispón ademais de novo equipamento coma mesa de ping-pong, xogos de mesa, ou material deportivo, así coma de diferentes espazos coma a aula de informática, a aula lúdica, ou distintas estancias para reunións, encontros ou actividades.
Tamén informarvos que a partir de agora a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) pasa a estar na planta baixa de estas dependencia, lugar no que se atenderán todas as consultas e aquelas demandas que teña a mocidade.
Os galardóns materializaranse en bonos por importe de 30 euros que as persoas gañadoras poderán utilizar nos establecementos do municipio.
Esta nova edición bateu un récord de participación, con 104 negocios e comercios adheridos.
Despois das grandes cifras de asistencia cultivadas no I Concurso de Tapas ‘Carral, con moito gusto’, o equipo de goberno segue impulsando medidas que sirvan para promover a economía local. Baixo esta premisa, o goberno iniciou hoxe, xoves 12 de decembro, a Campaña de Comercio ‘Dálle vida a Carral’, unha medida coa que se busca potenciar as compras nos negocios e locais do municipio. O programa, que nesta edición repartirá 3.000 euros en premios, suscitou un gran interese no tecido comercial carralés. Tanto é así, que a Campaña de Comercio bateu un récord en cifras de participación, con 104 negocios e comercios adheridos.
A Campaña finalizará o 6 de xaneiro, e como broche final, entregaranse numerosos galardóns: un 1º premio de 600 euros, catro premios de 150 euros, nove por importe de 90 euros, 12 premios de 60 euros e, por último, 13 premios de 30 euros. Como novidade con respecto a outros anos, os agasallos de ‘Dálle vida a Carral’ materializaranse en bonos por importe de 30 euros que se poderán utilizar nos locais adheridos ao programa.
A loita contra a vespa velutina foi, sen dúbida, un dos temas nos que o Concello tivo que centrar máis esforzos e recursos. Tanto é así, que nos últimos meses, o novo equipo de goberno recibiu decenas de avisos por parte dos veciños e veciñas da presenza de niños no municipio. En total, ao longo do 2019 o número de niños retirados ascende a 130.
Tal e como indican desde o goberno, á súa entrada no Concello non había ningunha persoa designada aos traballos de retirada de niños de velutina. Nese momento, o Concello contratou a unha empresa externa que puidese dar resposta aos avisos dos veciños e que se encargase destas tarefas ata que se puidesen delegar noutra persoa. Desde o mes de agosto, é o propio Concello o que se encarga da retirada de niños.
O goberno local sinala o “gran esforzo” que este traballo supón. E é que, agora mesmo, hai pouco persoal que se encargue de acometer estes labores. Con todo, “é prioritario dar resposta aos avisos dos veciños e veciñas”, comentan.
Unha vez que reciben o aviso por parte dos carraleses e carralesas, “procédese a retirar o niño rapidamente e da forma máis eficaz”. O obxectivo, tal e como explican desde o goberno, é solucionar as incidencias na mesma semana na que se produce o aviso. En canto ao método empregado, desde o goberno local inciden en que depende das características e da situación de cada niño.
Esta proba, organizada pola Pena Ciclista Monte Xalo en colaboración co concello, terá lugar o próximo 14 de decembro e puntuará para o campionato galego da especialidade e a clasificación nacional. Read more
Nas actividades que a concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o Nadal, incluíuse un obradoiro de dous días para elaborar un menú especial para estas datas festivas. O curso, dirixido a adultos, levarase a cabo o 16 e 18 de decembro no Centro Municipal de Formación Antón Fraguas en horario de 20:00 a 21:30 h.
As persoas interesadas deberanse inscribir na Casa da Cultura aboando 5 euros antes do 12 de decembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Carral dará mañá, xoves 5 de decembro, o pistoletazo de saída á primeira edición do seu Concurso de Tapas ‘Carral, con moito gusto’. En total, serán 8 os locais do municipio que se disputarán o título de Mellor Tapa 2019. O certame arrincará mañá ás 20.00 horas e prolongarase ata a noite do 8 de decembro, aproveitando o ponte da constitución. Con esta medida, o goberno local busca impulsar a actividade hostaleira e turística do municipio e dinamizar a vida social.
En concreto, os establecementos participantes e as súas tapas serán os seguintes: Boca Grande (tapa Zumba), Pizzería Centro Tabeaio (Xabaril estufado con cogomelos), A Taberna XXI (Filloa crocante rechea de grelos e bacallau), Bodega O’ Alprende (Lingua estufada con guarnición), Pío Lindo (Solombo con crema de castañas e cogomelos), O’ Lareiras (O quiñino do Lareiras), A Rotonda (Cóctel de polbo con emulsión de pataca) e Caravel (Truladas Caravel).
A mecánica do concurso é sinxela, as persoas interesadas deberán visitar os negocios participantes, degustar a tapa do local, solicitar que lle selen o folleto e votar á Mellor Tapa 2019 -isto último, unha vez teña completados seis selos diferentes-.
Os petiscos terán un prezo de 1 euro cada un. Ademais, como parte da iniciativa, o público participante optará a premios como un estoxo de botellas de viño, unha cea/comida, produtos relacionados co café e unha cesta de Nadal, entre outros agasallos.
Máis dun centenar de afeccionados de toda a Comarca gozaron este sábado das diferentes actividades relacionadas cos patíns que se desenvolveron no pavillón de Espiño. Read more
A concellería de deportes e o club Patinaxe Alquimia de Carral celebran este sábado pola tarde este tradicional encontro. Read more