A OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza para o/as mozos/as, desempregados/as, e para todas aquelas personas que esten interesadas, e co único requisito de ter cumpridos 18 anos, un curso de 20 horas, homologado, de carretilleiro/a, para os días 12 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e 19 e 20 de xuño, cun horario para estes dias de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

Este curso consta de 5 horas teóricas e 15 horas prácticas. O prazo de inscrición remata o 8 de xuño e as prazas son limitadas.

O prezo do curso é de 70 euros, e para inscribirse ou ter mais información podes pasarte pola OMIX, na Casa da Cultura, chamar ó 981.67.25.80, ou a través de correo electrónico a omix@concellocarral.com.

O 20 de maio o Concello de Carral – Policía Local organiza no Edificio Social Toñito Espiñeira un taller sobre adiccións e drogodependencias impartido por membros de ACLAD, coordinadora de prevención e relator ex toxicómano rehabilitado, o responsable da Unidade Adscrita CNP da Policía Autonómica, coa presenza de profesorado do CPI Vicente Otero Valcarcel, Garda Civil e a propia Policía Local de Carral. Máis de 100 nenos de Educación Primaria e Secundaria poderon formular as súas dúbidas sobre o tema e escoitar de primeira man formas de prevención e orientación ante as drogas.

IMG_2672IMG_2668

Formación dirixida a persoas que queiran coñecer outro xeito de acceder ao emprego: coñecer o modelo cooperativo as persoas emprendedoras,  ver os pasos necesarios para crear unha empresa cooperativa e coñecer unha experiencia cooperativa en funcionamento.
DÍAS: 26,27,28,29 DE MAIO
LUGAR: CENTRO DE FORMACION ANTON FRAGUAS DE CARRAL
APUNTATE NO 981575578 OU NO 981613520.

Organiza UGACOTA coa colaboración Consorcio As Mariñas e Concello de Carral.

Curso de manipulador de alimentos no Concello de Carral en colaboración co Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio  As Mariñas, subvencionado por Deputación da Coruña.

DÍA: 11 DE XUÑO

HORA: 10.00-13.00

LUGAR: Edificio Social Toñito Espiñeira

REQUISITOS: Desempregado

Máis información e apuntarse no Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520

O martes 11 de maio iníciase dende o departamento de policía local o programa de educación vial co alumnado do CPI Vicente Otero Valcárcel que se extenderá ata o 2 de xuño con diversidade de accións: os nenos de 5º de primaria recibiron as primeiras clases de educación vial no propio centro. O dia 13  de maio instalarán o parque de Educación vial no Campo da feira e poderán usalo máis de 75 alumnos e alumnas do centro, seguindo as normas de circulación que a policía local supervisará e ensinará.  Simultáneamente a propia policía local realiza obradoiros teóricos e prácticos de forma que o alumnado irá rotando da parte teórica á práctica, levando a cabo o aprendido no propio parque de educación vial como peóns e como condutores de diferentes vehículos. O dous de xuño remata o programa con alumnado de 1º da ESO.

A OMIX, organiza un obradoiro de pulseiras o vindeiro 15 de maio entre as 17 e as 19 horas na Casa da Cultura, para mozos e mozas de 12 a 16 anos.

O prazo de inscrición remata o 12 de maio, e podes realizar dita inscrición na Casa da Culltura. As prazas son limitadas e o prezo é de 5 euros.

Para máis información pásate pola OMIX, (primeiro andar da Casa da Cultura), ou chama ó 981.67.25.80

O Concello de Carral firma un convenio de colaboración con Fundación SEUR para a recollida de tapòns en beneficio de menores en estado de necesidade por enfermedades non cubertas polos sistemas sanitarios ordinarios. Caixas atópanse no Edificio Social Toñito Espiñeira e na Casa da Cultura
11210445_1571288469804828_4123171472284384157_n

La semana pasada la OMIX estuvo de visita informativa en el C.E.I.P. Vicente Otero Valcárcel, concretamente con 4º de E.S.O. en una hora que los alumnos y alumnas tienen destinada a las tutorías.

En esta visita, enmarcada dentro del programa “educando en valores” que se oganiza desde Servicios Sociales, se les explicó a las jóvenes, cuales eran las funciones de este servicio, destinado principalmente a la juventud, y se aprovechó desde la OMIX, para escuchar sus demandas, opiniones e inquietudes, y intentar así, que la oficina pueda dar el mejor servicio posible para todos ellos.

A pasada semana a OMIX, estivo de visita informativa no C.E.I.P. Vicente Otero Valcárcel, concretamente con 4º da E.S.O. nunha hora que os alumnos e alumnas teñen destinada á titorias.

Nesta visita, enmarcada dentro do programa “Educando en valores” que se organiza desde Servizos Sociais, explicouselles os mozos e mozas, cales eran as funcións de este servizo, destinado principalmente á mocidade, e aproveitouse dende a OMIX, para escoitar as suas demandas, opinións e inquedanzas, e intentar así, que a oficina poida dar o mellor servizo posible a todos eles.

FALAMOS DA INTELIXENCIA EMOCIONAL

Autocontrol de superacion de estados negativos, coñecemento dun mesmo,…

FOTO EMOCIONES

2 DE MAIO DE 2015

17.30

CASA DA CULTURA

Organiza Servizos Sociais do Concello de Carral