CHARLA SOBRE NORMAS E CONSELLOS PARA CAMIÑAR CON SEGURIDADE
O próximo mércores 9 de marzo de 2016 no Edificio Social Toñito Espiñeira realízase, segundo o acordo aos convenios coa DXT, unha charla impartida pola Policía Local de Carral sobre a sensibilización para o colectivo da terceira idade, a seguridade vial e máis concretamente sobre a visibilidade e os atropelos.
Repartiranse entre os asistentes (ata agotar existencias)prendas reflectantes de alta visibilidade que serán facilitadas pola propia DXT.
O horario será de 19.00 a 20.00 horas.
Para máis información podes chamar á Policia Local 981670002 ou a Educación 981613520.