CONCURSO DE NADAL DE DECORACIÓN DE FACHADAS E XARDÍNS
BASES
O Concello de Carral quere fomentar entre a súa veciñanza, aproveitando a festividade do Nadal, o ornamento exterior das vivendas, tentando así un embelecemento xeral do municipio que servirá para o goce de residentes e visitantes.
Para iso, o Concello de Carral convoca un concurso que se rexe polas seguintes bases:
- Poderán participar no concurso as persoas maiores de idade propietarias ou residentes en calquera vivenda (casas ou pisos) do municipio de Carral. Non está permitida a participación de establecementos comerciais ou industriais.
- No concurso valoraranse exclusivamente as decoracións externas das vivendas con motivos do Nadal (adornos, luces…). O xurado valorará aspectos como a orixinalidade, a composición estética e a adaptación ao contorno.
- As persoas participantes deberán mandar por WhatsApp ao número 674 793 475, un máximo de 8 imaxes que amosen a decoración. No caso de vídeos, deberán ser en formato mp4 e non terán unha duración maior aos 20 segundos. Recoméndase verificar a calidade de imaxe das fotografías e dos vídeos para que teñan a nitidez necesaria para a súa valoración.
- Xunto coas imaxes, indicaranse os seguintes datos:
- Nome e apelidos da persoa participante
- Teléfono de contacto
- Enderezo da vivenda decorada
- Ubicación por satélite (a que ofrece a aplicación de WhatsApp) da vivenda.
- As candidaturas pódense enviar ata as 23:59 h. do 21 de decembro.
- As persoas gañadoras daranse a coñecer a través da web municipal es e mediante chamada telefónica.
- Os premios entregaranse o 23 de decembro na Casa da Cultura.
- Correspóndelle ao xurado e ao Concello de Carral a interpretación das presentes bases.