CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN OFICIAL DE PRIMEIRA/ALBANEL
Por decreto da alcaldía do 16 de maio de 2017 aprobáronse as bases que rexerán a contratación de un oficial de primeira, albanel, para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña ao abiero do Programa de integración laboral 2017.
Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada completa, ata o 31 de decembro de 2017.
O prazo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio na web do Concello, é dicir, ata o vindeiro 25 de maio, incluído.
Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse ao servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a dúas.