CURSOS DE PÁDEL NO MES DE AGOSTO

Estas clases, xunto co 2º torneo de parellas, completan a oferta municipal de pádel para este verán.

Cursos de Pádel

O concello de Carral impartirá durante o próximo mes de agosto, cursos de iniciación e perfeccionamento de pádel, que levarán a cabo nas pistas municipais.  Estas clases, que se enmarcan dentro da oferta deportiva municipal deste verán, teñen como obxecto achegar unha práctica deportiva atractiva aos cidadáns de Carral, permitíndolles iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades coa pa.

 

A idade dos participantes arrincará nos 6 anos. Haberá niveis de iniciación e perfeccionamento para que todos os afeccionados teñan a opción de adentrarse neste deporte.  Segundo as idades e o nivel dos alumnos/as estableceranse distintos grupos e horarios.

 

En cada grupo, as prazas estarán limitadas a 8 alumnos/as, de forma que proceso de ensino e aprendizaxe sexa máis efectivo. Ademais as clases serán impartidas por monitores titulados.

 

O custo dos cursos será de 22 € por alumno e mes.

 

Aqueles que desexen informarse ou inscribirse, poden facelo ata o 27 de xullo no Complexo Deportivo de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no correo deportes@carral.es.