DECRETO DA ALCALDÍA-Medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19-3ª fase da desescalada (4º Decreto da Alcaldía-11 de xuño de 2020).

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 -3ª FASE DA DESESCALADA (4º DECRETO DA ALCALDÍA-11 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000251

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

 

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

 

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

 

Tendo en conta, asemade, a “Orden SND/399/2020, de 9 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad”, no seu texto vixente na data tralas súas diversas modificacións ( a última das cales-ata a data- realizouse por medio daOrden SND/458/2020, de 30 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 3 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.”, publicada no BOE nº 153, do 30 de maio de 2020, e que inclúe ás catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia no seu ámbito de aplicación.

 

Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

 

R E S O L V O

 

1.- Reiterar, até novo aviso,  as cancelacións e suspensións de actividades organizadas polo Concello de Carral  indicadas nos puntos 1 a 3 do meu decreto do 13 de marzo de 2020,

 

2.- En relación cos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), seguirán realizándose, até novo aviso, nas condicións establecidas no meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á súa reapertura [nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, coas condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia].

3.- Indicar á cidadanía que, até novo aviso, reabriranse ao público a Casa do Concello, o Edificio Toñito Espiñeira (departamento de Servizos Sociais do Concello) a Casa da Cultura e o Local Interxeracional, nas seguintes condicións:

O horario de apertura ao público será, de luns a venres (non festivos), de 09 a 14 horas.

3.1).-Atenderase aos veciños preferentemente por medios telefónicos e telemáticos:

Casa do Concello:

Teléfono: 981 670 002

Correo electrónico: correo@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Edificio Toñito Espiñeira. Servizos Sociais

Teléfono: 981 613 520

Correo electrónico: serviciossociales@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Casa da Cultura

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: cultura@carral.es ; deportes@carral.es ; biblioteca@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

A entrega e recollida de libros da biblioteca realizarase na recepción do edificio baixo o protocolo establecido e anunciado na páxina web do Concello de Carral  e sempre con cita previa. Non se permite subir á biblioteca.

Local Interxeracional

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: omix@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

O local non realizará as actividades habituais ata que as condicións recomendadas o permitan, polo que o andar baixo permanecerá pechado ao público. Provisoriamente só estará aberto ao público o andar superior, onde se fará tanto atención telemática como atención presencial.

3.2).- En caso de imperiosa necesidade de ser atendidos de xeito presencial, será imprescindible obter CITA PREVIA polos medios indicados.

Asemade, habilitouse na sede electrónica do Concello de Carral unha aplicación específica para a solicitude de cita previa para todos os departamentos municipais:

https://sede.carral.es/opencms/es/cita/index.html

3.- Todo o persoal municipal prestará os seus servizos no horario ordinario e nas condicións de presencialidade e/ou teletraballo establecidas pola Xefatura de persoal do Concello.

4.- Reanúdanse as sesións ordinarias dos órganos colexiados municipais, que convocará esta Alcaldía (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas).

5.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

6.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

 

DECRETO 251-2020 Medidas COVID19 (4º decreto)