DECRETO DA ALCALDÍA-Novo prazo para presentación de solicitudes de axudas ao estudo do Concello de Carral para estudantes para o curso 2019/2020
A Alcaldía do Concello de Carral, o día 01 de xuño de 2020, entre outros, ditou o seguinte decreto:
“DECRETO DA ALCALDÍA
ASUNTO: Novo prazo para presentación de solicitudes de axudas ao estudo do Concello de Carral para estudantes para o curso 2019/2020
EXPEDIENTE: 2020/G003/000235
Logo de ver que no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 51, do 16 de marzo de 2020, se publicou a convocatoria do Concello de Carral para axudas ao estudo do Concello de Carral para estudantes para o curso 2019/2020, en cuxas bases reguladoras se establecía coma prazo de presentación de solicitudes o de de quince días hábiles que se contarían dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Logo de ver que a Disposición Adicional 3ª.1 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 estableceuLogo de ver que que “Se suspenden términos y se interrumpen los plazos para la tramitación de los procedimientos de las entidades del sector público. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo”.
Logo de ver que, en cumprimento do devandito precepto, o prazo para a presentación de solicitudes en relación coas referida convocatoria quedou interrompido, sen que puidese transcorrer ningún día del, e indicouse que se fixaría de novo en canto fose posible legalmente., e que de todo iso se daría conta polos mesmos medios de publicidade establecidos nas respectivas bases reguladoras.
Logo de ver que o artigo 9 do “Real Decreto 537/2020, de 22 de mayo, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19” establece que “Plazos administrativos suspendidos en virtud del Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Con efectos desde el 1 de junio de 2020, el cómputo de los plazos administrativos que hubieran sido suspendidos se reanudará, o se reiniciará, si así se hubiera previsto en una norma con rango de ley aprobada durante la vigencia del estado de alarma y sus prórrogas.
En uso das atribucións que me confere o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local , RESOLVO
1).- Advocar, ao non estar prevista a realización de ningunha sesión da Xunta de Goberno Local nas actuais circunstancias, as miñas atribucións delegadas nese órgano mediante o meu decreto 315/2019, do 18 de xullo correspondentes á aprobación, disposición do gasto e recoñecemento das obrigas, dentro dos límites da atribución orixinaria da Alcaldía, e á aprobación das bases de subvencións e axudas convocadas polo Concello e resolución da súa concesión.
2).- Fixar, en función da previsión de posibilidades de atención presencial por parte do persoal do Concello para a presentación de solicitudes de axudas ao estudo do Concello de Carral para estudantes para o curso 2019/2020, un novo prazo de quince días hábiles, dende o 08 de xuño de 2020 ata o 30 de xuño (incluido)
3).- Publicar este decreto na páxina web do Concello (carral.es) e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (sen prexuízo de que o anuncio se poida inserir adicionalmente nos taboleiros de edictos dos diferentes edificios municipais).
Contra o contido deste decreto, que pon fin á vía administrativa (art.114.1.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas), poderá interpoñer os seguintes recursos:
RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN, perante o Señor Alcalde (art. 115 c) ROF), no prazo dun mes a partires do día seguinte ao que reciba esta notificación. (arts. 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas).
RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, perante o órgano da Xurisdición Contencioso-Administrativa que indica a Lei 29/1988, de 13 de xullo e no prazo establecido nela.
CALQUERA OUTRO que vostede estime oportuno.
Carral, 01 de xuño de 2020
O ALCALDE
Francisco Javier Gestal Pose
DECRETO 232-2020 Novo prazo para presentación de solicitudes de axudas estudo 2019-2020