EXCURSIÓN Á NEVE COA OMIX!

Entre os días 3 e 7 de marzo a OMIX de Carral, organiza unha excursión á neve, concretamente a Astún, estación de esquí do Perineo aragonés, para mozos e mozas a partir de 14 anos.

A saída realizaríase o día 3, desde a Casa da Cultura, ás 7:00 h. e o regreso ó mesmo punto ás 3:00 h. aproximadamente, da madrugada, xa do día 8.

O prezo da excursión é de 300 €uros, e inclúe o transporte, o aloxamento, a manutención (agás a comida do día 3 e a cea do día 7), o material deportivo (esquís, botas, bastóns e casco), o forfait para os catro días, clases de esquí (12 horas) e o seguro en pista e de viaxe así coma de responsabilidade civil.

Para facer mais cómodo o pago podedes realizalo en tres veces. O primeiro de 50 € no momento da inscrición, o segundo de 125 € ata o 15 de decembro, e o terceiro tamén de 125 € ata o 15 de febreiro. Temos que aclararche que si prefires recibir clases de snow terás que aboar un suplemento de 24 € (12 € polas clases e 12 € do equipamento deportivo), pero pola contra se tes o teu propio equipamento de esquí, pagarías 12 € menos e se levas o teu equipamento de snow, tampouco pagarías os 12 €.

Realizaremos unha reunión informativa da que avisaremos os/as participantes.

O prazo de inscrición remata o 15 de novembro e as prazas son limitadas. Para anotarte podes pasarte pola casa da cultura e se precisas mais información chamar ó 981.67.25.80

Cartel (imaxe)