INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O CONSUMO DE AUGA DAS FONTES DURANTE A CRISE SANITARIA
Atendendo ás recomendacións da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, infórmase do seguinte:
- O Concello de Carral sinalizará, en canto sexa posible, todas as fontes con billa do termo municipal.
- Desaconséllase aos veciños e veciñas o consumo de auga procedente destas fontes mentres dure a alerta sanitaria, xa que non se pode asegurar a desinfección destes elementos.