INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS DE LIMPIEZA E HIXIENE
Desde o Concello de Carral facemos un chamamento aos veciños e veciñas do municipio para lembrarlles que, especialmente nestes días, é necesario extremar as medidas de hixiene e limpeza.
No caso do material utilizado como protección (máscaras, luvas de goma, etc.) e máis aínda no caso de que exista algún residuo procedente dunha persoa sospeitosa por coronavirus, será necesario extremar aínda máis as medidas de hixiene e limpeza, debendo utilizar unha tripla bolsa hermética e pechada para conter estes residuos sospeitosos. Esa bolsa deberá depositarse no contedor de inorgánicos.
Así mesmo, no caso dos paseos con cans é obrigatorio por lei non abandonar as deposicións dos animais na rúa.
Apelamos ao civismo dos nosos veciños e veciñas para que todos e todas podamos ter paseos agradables e cun mínimo risco para a saúde de todos e todas e sen contaminar o medio ambiente.