O 5 DE DECEMBRO ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA CABALGATA DE REIS
O Concello de Carral abre mañá, 5 de decembro, o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis que se celebrará o 5 de xaneiro.
Poderán anotarse todos os nenos e nenas menores de idades, nados entre o ano 2016 e o 2018, tendo preferencia os e as empadroadas no Concello de Carral.
As inscricións poderán realizarse presentando o ANEXO I, no rexistro municipal ou na sede electrónica, ata o 18 de decembro as 15:00 horas.
Consulta as bases nesta ligazón.
