O CICLO MÚSICAS ÍNTIMAS OFRECE NA SÚA 8ª EDICIÓN DIVERSOS ESTILOS MUSICAIS
Volando Libre está formado por tres músicos de recoñecido prestixio no eido galego, como son Alfredo Gómez Sieiro, Vadim Yukhnevich e Mauricio farán un repaso musical por múltiples músicas do mundo. O seu concerto será o sábado 3 de setembro. Pola súa banda o domingo 4 de setembro subirá ao escenario o dúo Black liderado pola vocalista Iria Mejuto, unhas das mellores voces galegas dedicadas ao soul.
As dúas actuacións terá lugar ás 22:00 h. No caso de chuvia, os concertos realizaranse na Casa da Cultura.
Os concertos están incluídos na Rede Cultural da Deputación da Coruña e en Cultura no Camiño de Agadic.