O CONCELLO ADXUDICARÁ AS OBRAS PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS CENTROS CULTURAIS DAS TRAVESAS E SAN VICENTE

Centro cultural y deportivo de As Travesas

O goberno local mellorará, proximamente, os centros culturais das parroquias de San Vicente de Vigo e As Travesas. O Concello acaba de adxudicar as obras de rehabilitación enerxética dos centros culturais das Travesas e San Vicente de Vigo. Estas actuacións terán un custo de máis de 100.000 euros e financiaranse a cargo de dúas subvencións do IDAEInstituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía-. Os traballos, que contarán cun prazo de execución de tres meses, consistirán na renovación das fachadas, as cubertas e as carpinterías exteriores para illar térmicamente estes inmobles.

Por unha banda, no de San Vicente de Vigo aplicarase un sistema de illamento térmico exterior de la de roca de 8 cm e substituirase a cobertura de fibrocemento da planta alta e do almacén por unha cobertura de tella curva. Ademais, substituiranse as carpinterías exteriores da planta baixa por outras de PVC e acristalamento dobre.

Doutra banda, no caso de As Travesas se replicarán as actuacións para mellorar o illamento térmico exterior, colocaranse elementos de protección da madeira e unha cuberta na parte superior mediante falso teito. O obxectivo do goberno local é que esta intervención poida dar servizo aos peregrinos que chegan ás Travesas, punto por onde pasa o Camiño Inglés.

Tal e como indican desde o equipo de goberno, estes proxectos servirán para mellorar estas instalacións, para garantir un maior confort térmico nestas instalacións e para conseguir un maior aforro enerxético.