O CONCELLO DE CARRAL SÚMASE Á CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR! DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Carral adhriuse á campaña Liberdade de ser e sentir! da Deputación Provincial da Coruña. A iniciativa, que se pon en marcha para conmemorar o Día da Diversidade Sexual -28 de xuño-, busca reivindicar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e da súa identidade de xénero.

Como parte da proposta, estanse a levar a cabo infinidade de actividades, como palestras en liña, concursos, contacontos, etc. Botádelle un ollo á programación completa.

 

Liberade de ser e sentir _ Imaxe