O CONCELLO FACILITA A POSIBILIDADE DE VER “A PESTE”, O ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O Centro Dramático Galego está a representar “A Peste” no Salón Teatro de Santiago de Compostela, e ofrece un autobús gratuíto para asistir á función da noite deste sábado. Coa colaboración do Concello de Carral, que asume o custo das entradas ao espectáculo, as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza na Casa da Cultura ou no teléfono 981 672 580.
O autobús partirá do Campo da Feira ás 17:30 h. e volverá desde Santiago ás 23:00 h.
“A Peste” é unha adaptación do texto de Albert Camus dirixida por Cándido Pazó, e na que participa un extenso elenco e cunha atractiva escenografía.
É unha boa ocasión para gozar dunha excelente proposta teatral que está a obter un gran éxito e que conclúe nesta semana a súa representación.