O ESPECTÁCULO TEATRAL “DÚAS DONAS QUE BAILAN” MUDA DE DATA
A representación de “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlántico, incluída no ciclo de Teatro de Outono e prevista para este sábado, muda de data para o 14 de decembro ás 20:30 h.
O motivo do cambio é a baixa médica dun membro do elenco.
Esta mudanza afecta tamén ao espectáculo “Puño Puñete” de Baobab Teatro, que fica fixado para o venres 6 de decembro ás 19:00 h.
Ámbolos dous espectáculos terán lugar no Local Xente Nova de Tabeaio.