OS REIS MAGOS REPITEN A SÚA CITA E PERCORRERÁN TODAS AS PARROQUÍAS
- O Concello apalabrou a cita coas Súas Maxestades de Oriente para este xoves, 5 de xaneiro, a partir das 15.30 horas.
Carral, 3 de xaneiro de 2023. Os Reis Magos repiten, este ano, a súa tradicional cita en Carral, ofrecendo un percorrido por todas as parroquias do municipio. As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao concello este xoves, 5 de xaneiro, cunha premisa clara: recoller os desexos de todos os nenos e nenas.
O percorrido dos Reis Magos incluirá as seguintes paradas:
- O Xalo: 15.30 horas
- Cabrois: 15.45 horas
- Quembre: 16.00 horas
- Tabeaio: 16.20 horas
- Barcia: 16.30 horas
- Gosende: 16.50 horas
- A Cabra: 17.00 horas
- Sergude: 17.15 horas
- O Canedo: 17.30 horas
- San Vicente de Vigo: 17.45 horas
- As Travesas: 18.00 horas
- Cañás: 18.15 horas
- Veira: 18.30 horas
- Carral: 19.00 horas
Os horarios do percorrido son orientativos. En todo caso, a última parada do tour real será no Campo da Feira de Carral onde, desde as 18.00 horas, os cativos e cativas poderán gozar de xogos, de animación e, ademais, degustar o Roscón de Reis con chocolate.