OS TEST EPIDEMIOLÓXICOS DO COVID-19 COMEZARÁN A FACERSE O 28 DE ABRIL NO CENTRO DE SAÚDE DE CARRAL

O próximo martes, 28 de abril ás 9.30 horas, comezaranse a facer os primeiros test epidemiolóxicos do COVID-19 no centro de saúde do Concello de Carral. O Instituto Galego de Estatística elaborou o listado de 93 veciños e veciñas elixidos para as probas, que son voluntarias. Polo outro lado, o Sergas encargarase de facer estes tests. O ambulatorio citará, individualmente, ás persoas asignadas.

Os carraleses e carralesas someteranse ás probas sen saír dos seus vehículos. En caso de que haxa algunha persoa que non poida desprazarse ata o centro médico, existe a posibilidade de que o test se lles realice no seu domicilio.

Desde o Sergas infórmannos de que os resultados se darán por vía telefónica.