O 28 de xuño, mércores, imos ó Aquapark de Cerceda. A tradicional excursión que facemos todos os anos será para a mocidade nada entre o ano 2006 e o 2014.

O prazo de inscrición abre o luns 19 a partir das 16:30 h. ata o luns 26 ás 16:30 h., e para facela tedes que enviar a inscrición/autorización por whatsapp (674.793.475), por correo electrónico (omix@carral.es) ou entregala na OMIX situada no Local Interxeracional (r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8 baixo. De luns a venres de 16:30 a 20:30 h.) O prezo son 8 €, pero non se debe facer o pago ata que se lles comunique. As prazas son limitadas.

A saída para o Aquapark será ás 11:30 h. desde o Local Interxeracional e o regreso ó mesmo lugar as 19:30 h.

IMPORTANTE:         – Levar proteccion solar, auga, comida, gorra, toalla e sandalias.
– O venres 23 de xuño o Local Interxeracional permanecerá pechado.