“PROXECTO ORIXE, FACEMOS CAMIÑO”
O Concello de Carral organiza unha actividade de voluntariado de sensibilización ambiental “Basuraleza” en algúns tramos do Camiño de Santiago (Camiño Inglés), coa finalidade de mellorar a situación ambiental do noso municipio.
O “Proxecto Orixe, Facemos camiño” está financiado pola marca Cabreiroá e impulsado pola asociación “SEOBIRDLIFE”, e poñera a disposición de todas as persoas voluntarias, un educador/a ambiental e os materiais necesarios para levar a cabo a actividade.
Por motivos de seguridade e para cumprir as normas anticovid-19, o grupo será dun máximo de 20 persoas.
- Día da xuntanza: 11 de xullo
- Hora: 10:00-13:00 horas
- Punto de encontro e saída: local social de Sergude
- Datas de inscrición: desde o 5 de xullo ata 8 de xullo
- Máis información: Concello de Carral (departamento Medioambiente)
- Teléfonos: 981 67 00 02 e 678 338 873