RESUME FINAL DA ESCOLA DE VERÁN 2015
A Escola de Verán “Gozar do Tempo Libre”que se organizou todo o mes de xullo e que tivo o seu punto final coa Festa Divírtete en Familia o sábado 1 de agosto contou cunha gran participación de familias con nenos e nenas carraleses. Máis de 120 nenos e nenas participaron nesta medida de conciliación familiar.
Cada semán foron moitas as actividades que se realizaron: obradoiros de recilcaxe, de decoración, tinte de camisetas, xogos, circuitos de psicomotricidade e deportes, cociña saudable, xogos de auga,… e moito máis. Os máis maiores fixeron tres saídas: á área recreativa de A Brexa, unha visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía de Coruña e a coñecer os muiños de Costa da Égoa e cómo se elabora o noso pan carralés.
E como remate final, o primeiro de agosto na festa da familia continuaron con obradoiros de maquillaxe, pulseiras, saltaron nos inchables e disfrutaron da piscina cun tobogán acuático. E en cada fin de sesión habia barbacoa familiar e para rematar una Festa da Espuma. Estaba prohibido aburrirse!!!
Deixamos aquí os enlaces con fotos de cada semana :
Primeira semana slide de fotos
Terceira semana slide de fotos
Quinta semana fin da Escola de Verán 2015
Fotos da Festa Divírtete en Familia