O Concello de Carral e os de Abegondo e Bergondo ofrecen, conxuntamente, unha nova prestación de benestar social que está a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas: un servizo de atención temperá que xa está en marcha grazas a unha subvención obtida pola Xunta de Galicia.
Este novo servizo está dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos de idade, e con el, búscase atender posibles trastornos de desenvolvemento e detectar casos de pequenos e pequenas con risco de padecelos. Así, o obxectivo é traballar no desenvolvemento da autonomía personal e da inclusión social dos cativos e cativas.
Aspace é a entidade adxudicataria do servizo. Para levar a cabo o seu labor, contan cun psicólogo e psicopedagogo, cun mestre en educación especial e estimulador, e cun logopeda. A atención é rotatoria nos tres municipios.
O período que abarca a subvención, de 14.996,25 euros, comprende os meses de setembro e outubro, podendo os Concellos valorar a súa continuidade. Nestes dous meses, ao tratarse dunha unidade de nova creación, o servizo centrarase na valoración inicial dos usuarios.