Un ano máis a Biblioteca Municipal de Carral celebra a festa do Samaín e para elo ten programado unha serie de actividades propias desta data.
Dirixido ós máis pequenos da casa, o día 26 de outubro, mércores, presentamos unha sesión de contacontos moi especial para nenos pequenos. Cancións e contos para fomentar o gusto pola lectura a través de experiencias sensoriales básicas.
Esta sesión complementarase cunha pequena charla educativa dirixida aos pais.
Os asistentes terán a oportunidade tamén de participar nun obradoiro de cestiñas para preparar a noite de Samaín.
Esta actividade será na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro) ás 18.00 horas e está dirixida a nenos e nenas entre 0 e 5 anos. A entrada é libre.
O xoves 27, celebraremos unha festa de Samaín. Será no edificio Toñito Espiñeira. Esta actividade inclúe xogos, obradoiro de maquillaxe e por suposto contos de medo cun personaxe misterioso. Os participantes poderán asistir co seu disfraz máis terrorífico. A idade recomendada é a partir dos 5 anos.