Un total de 55 nenos e nenas participaron das clases que se impartiron durante o mes de agosto. Read more
Tag Archive for: carral
O Campo da Feira de Carral volve ser o lugar que acolla as proxeccións do programa Noite de Película que organiza o departamento municipal de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña.
Serán catros os filmes que se presentarán, sendo dous deles de produción galega:
- Lobos sucios: xoves 29 de agosto
- Peter Rabbit: venres 30 de agosto
- La sombra de la ley: luns 2 de setembro
- Campeones: martes 3 de setembro
Todas as proxeccións serán ás 22:00 h. e o acceso para o público é de balde.
No caso de meteoroloxía desfavorable, as películas exhibiranse no edificio social Toñito Espiñeira.
Recoméndase aos pais prestar atención ás idades recomendadas para cada filme.
O corredor do club Ciclista Betanzos revalida por terceiro ano a camisola de campión desta 8ª edición. Read more
Nas clases do mes de xullo foron máis de 70 os nenos e nenas inscritos. Read more
O docente da escola municipal de Fotografía de Carral, Cándido Díaz, ofrece un curso dun día facendo paseos fotográficos por Carral.
A actividade, que se realizará en dúas ocasións o 13 de xullo e o 3 de agosto, desenvolverase por lugares como a Costa da Egua, San Pedro de Rubieiro e polo río Barcés. Esta dirixida a afeccionados de todos os niveis e ten un prezo por alumno de 20 €.
Para máis información e inscrición as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral.
Este curso forma parte dunha serie de accións formativas relacionadas coa fotografía nas que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral.
A pasada semana tivo lugar a clausura das actividades do club de lectura de Carral deste curso 2018/2019.
O club de lectura, que comezou a súa andaina hai dous anos, forma parte das actividades desenvolvidas dende a Biblioteca Municipal e na actualidade está formado por quince participantes que se reúnen dúas veces ó mes.
Será no vindeiro mes de outubro cando retome a súa actividade con novas lecturas.
O fotógrafo coruñés Xavi Gantes expón na sala do edificio social Toñito Espiñeira ata o 2 de xullo. A mostra, titulada No way, ofrece imaxes de rúa, na que os sinais de tráfico protagonizan o significado de cada obra. Gantes manexa a xeometría, a cor e a luz para que cada fotografía se converta nunha obra atractiva desde o estético e o conceptual.
Xavi Gantes ofrecerá unha visita guiada ás persoas que se acheguen á exposición o mércores 19 de xuño, entre as 20:00 e as 20:30 h. Esta actividade permite aos interesados na mostra, coñecer os procesos creativos e os motivos inspiradores de cada obra, comentados polo propio autor. O diálogo coas persoas asistentes contribúe a un maior desfrute e comprensión da exposición,
Na fin de semana do 29 e 30 de xuño, Gantes ofrece tamén un curso de fotografía de rúa. Terá lugar na Casa da Cultura de Carral, cunha sesión o domingo pola feira. Está dirixida a persoas de calquera nivel de dominio da fotografía e que dispoñan de cámara. As sesións do curso serán o sábado pola mañá e a tarde e domingo pola mañá. O prezo do curso, no que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral, é de 40 euros. As inscricións deberán facerse na Casa da Cultura (tel. 981 672 580).
Xurxo Alonso, coa súa obra En luz escrita resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.
O xurado salienta neste poemario a súa sólida arquitectura, a forza intensional do conxunto e a admirable estratificación conceptual do discurso, inzado de citas, homenaxes e intertextualidades que entroncan este texto coa mellor tradición galega e foránea. Tamén si, o xurado destacou a singular voz poética que espella nun léxico celmoso, o perfilado de visopoemas que recrean unha moi particular e xenuína atmosfera luminosa e a concepción xeral do poemario como un mecano de magnífica orquestración sinfónica.
No ano 2004, Xurxo Alonso xa gañara este premio co libro Breviario de Aldemunde.
O xurado do concurso estivo formado por Inma Otero, Armando Requeixo e Xabier Cid, coa presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 44 poemarios.
O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
Xurxo Alonso (Bos Aires, 1956) é pintor ademais de poeta. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse na súa faceta plástica nos obradoiros de importantes artistas como Josep Guinovart, Manuel Alcorlo, Bonifacio Alonso e Bruce McLean. No eido poético, Alonso ten obtido boa parte dos galardós máis importantes de Galicia: Francisco Añón (1998), Xoán de Requeixo (1999), Avelina Valladares (2000 e 2018), Feliciano Rolán (2001), Johán Carballeira (2001), Fermín Bouza Brey (2003), Concello de Marín (2007), Concello de Ourense (2016) e Díaz Castro (2018). O seu libro máis recente é No interior do vento, publicado por Edicións Fervenzas e que resultou gañador do Premio Avelina Valladares.
O acto de entrega do premio “Concello de Carral” terá lugar o 31 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2019. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, As bicis de Xabier Cid. Como remate a esta homenaxe á poesía, a compañía Teatro do Atlántico presentará o seu espectáculo poético De abrentes e ocasos.
Como ven sendo habitual nas últimas edicións, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais para a publicación da obra premiada.