A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés. Read more
Tag Archive for: carral
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos fixo entrega do premio da primeira convocatoria do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais á compañía Teatro da Ramboia, que presentou unha adaptación da obra Farsa de Bululú.
O Concello de Carral é un dos 23 que participan da iniciativa e que acollerá a obra teatral, que se estreará a finais do ano 2019.
O Teatro Rosalía de Castro acolleu o acto de entrega do premio, que estivo presidido por Saleta Goi, presidenta da fundacíón convocante e víuva de Manuel María, e no que tamén estiveron representantes dalgúns concellos participantes e os membros do xurado. Por parte do Concello de Carral a representación no acto estivo a cargo do alcalde, José Luis Fernández Mouriño.
Para o Concello de Carral é importante apoiar este certame, xa que Manuel María mantivo unha especial relación coas xentes deste municipio grazas, precisamente, a unha das súas obras teatrais, Abril de lume e ferro, que trata sobre a Revolución de 1846 que rematou co fusilamento dos coñecidos como Mártires de Carral. Cando Manuel María foi homenaxeado co Día das Letras Galegas, a Concellería de Cultura quixo tamén sumarse á homenaxe incluíndo na súa programación teatral dúas obras do autor chairego. Co novo certame convocado pola fundación que honra a figura de Manuel María, Carral mantén o vencello con esta gran figura da literatura galega.
Máis de 290 ciclistas competiron o sábado en Carral na 10ª proba da Copa Galicia de Ciclocrós. Read more
290 ciclistas chegados de todos os puntos de Galicia, e tamén de Asturias e León, mediranse no circuíto da parroquia carralesa de San Vicente de Vigo. Read more
A Concellería de Cultura continúa cos seus ciclos de cine e de teatro con dúas ofertas moi interesantes para esta semana. O venres, ás 20:30 h na Casa da Cultura proxectarase o filme Handia, que acadou 10 premios Goya e que narra a historia real dun mozo que non deixa de medrar.
O sábado, no local Xente Nova de Tabeaio a compañía Teatro do Atlántico presentará Helena, xuízo a unha lurpia no programa Teatro de Outono de Carral. A actriz María Barcala é Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra… A función comeza ás 20:30 h e prégase puntualidade xa que unha vez iniciada a obra non se permitirá o acceso á sala.
TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.
O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.
Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.
Alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques das Mariñas, que contaba ata o presente ano co apoio do Consorcio das Mariñas; mentres que nalgúns outros concellos onde tiña lugar a mostra, optaron por non programalo neste exercicio. En Carral decidiuse manter a función escolar de Galicreques para que os máis pequenos teñan unha opción máis de achegarse ao teatro de títeres.
Antes do inicio do espectáculo, o técnico municipal de Cultura explicoulles aos rapaces as características dunha función teatral, cal é o comportamento que hai que ter durante o espectáculo e animounos a participar d as múltiples disciplinas da cultura.
O próximo sábado, 27 de outubro, o Concello de Carral celebra o Samaín cunha gran festa para tódolos nenos e nenas.
O pavillón do Espiño acollerá dende ás cinco da tarde, inchables, xogos e obradoiros de pintacaras e globoflexia.
Tres horas de diversión con música e baile e por suposto con disfraces propios da celebración.
A Casa da Cultura acollerá desde este venres ata final de ano, trece filmes de diferentes xéneros. A serie comezará con catro películas de produción galega, continuando con filmes de gran éxito de recadación e galardóns, programando nas datas do Nadal tres películas de animación para todos os públicos.
O programa queda configurado así:
- NOVE DE NOVEMBRO: 19 de outubro
- PSICONAUTAS: 26 de outubro
- MIMOSAS: 2 de novembro
- SICIXIA: 9 de novembro
- CHURCHILL: 16 de novembro
- HANDÍA: 23 de novembro
- LA LIBRERÍA: 30 de novembro
- ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS: 7 de decembro
- KINGSMAN: EL CÍRCULO DE ORO: 14 de decembro
- LA REINA VICTORIA Y ABDUL: 21 de decembro
- COCO: 15 de decembro
- CARS 3: 22 de decembro
- GRU 3: MI VILLANO FAVORITO: 29 de decembro
O próximo venres ábrese o programa cunha película recentemente premiada na Semana de Cine de Autor de Lugo. Trátase da primeira película galega de temática LGTB. En Nove de novembro Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comeza a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Na proxección desta obra contarase coa presenza do director, Lázaro Louzao, que presentará o filme e manterá un coloquio cos asistentes ao final da proxección.
A entrada a todas as películas é de balde. Para a presentación dalgunhas das producións galegas cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.
Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more