O equipo cambrés fíxose co trofeo de campión tanto da liga regular como da Copa na 2ª edición desta competición organizada polos Concellos de Cambre e Carral. Read more
Tag Archive for: carral
O programa infantil Papeques remata este sábado coa representación da obra Misterios da compañía O Aturuxo de Melpómene. É unha obra escrita e dirixida por Paula Carballeira, na que Mara, a nena protagonista, ten un día no que só parece atopar misterios na súa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro… e non hai nada máis emocionante nin máis divertido que resolvelos.
A función comezará ás 18:00 h. no local Xente Nova de Tabeaio, con entrada de balde.
Papeques é un programa que puxo en marcha a Concellería de Cultura do Concello de Carral coa intención de consolidalo na programación cultural anual, tentando ofrecer diferentes alternativas para o público infantil desde os 6 meses de idade. Nesta primeira edición o ciclo comprendeu cine, contacontos e teatro.
Foron un total de 115 xogadores e 10 os equipos que tomaron parte nesta 2ª edición de Liga e Copa organizada polos Concellos de Cambre e Carral. Read more
O verán pasado, máis de 160 nenos e nenas participaron nestes cursos entre xullo e agosto. Read more
Máis de medio centenar de persoas acudiron a arroupar ás campioas galegas sénior promoción. Read more
O alcalde e o concelleiro de deportes recibirán este venres pola tarde ás integrantes do equipo de ximnasia rítmica, recentes campioas galegas. Read more
Durante a proba, que se celebrará este domingo 17 de xuño, os ciclistas pasarán por lugares como Cabrois, Sergude, San Vicente de Vigo, Cañás, Herves ou Barcia. Read more
A Concellería de Cultura comeza o venres 8 de xuño cun novo programa cultural dirixido aos nenos e nenas de Carral. Papeques, que é o nome deste novo ciclo, terá películas, teatro e contacontos ao longo de tres semanas deste mes de xuño.
Os venres ofreceranse tres películas clásicas de Walt Disney, comezando por Dumbo, seguindo con Peter Pan e rematando con La dama y el vagabundo. Haberá unha sesión de contacontos a cargo de Pablísimo o xoves 14, e tres obras de teatro, tanto de actor como de monicreques, no local Xente Nova de Tabeaio, os tres sábados que comprende Papeques.
Dúas das funcións teatrais están dirixidas a bebés (de 1 a 3 anos de idade). A primeira é Redondo, un espectáculo de Caramuxo Teatro para a primeira infancia que xoga coas formas. A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. Redondo terá lugar o sábado 9 de xuño, ás 18:00 h.
Trompicallo ofrecerá a súa obra O día que chegou unha nube e choveu o sábado 16 de xuño. Dirixido a idades de 1 a 5 anos, é un espectáculo de actor e monicreques que destaca a importancia da auga para a existencia da vida. A compañía O Aturuxo de Melpómene pechará Papeques co espectáculo Misterios, escrita e dirixida por Paula Carballeira. Será o sábado 23 de xuño. Vai dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos.
As localidades para todas as actividades son limitadas e é recomendable que se retiren previamente as entradas na Casa da Cultura nos dous días anteriores a cada función ou proxección. As entradas son de balde.
Papeques é unha iniciativa do departamento de Cultura do Concello de Carral que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e da Xunta de Galicia co seu programa Ler conta moito.
A Casa da Cultura de Carral acollerá este venres, ás 20:30 h, o acto do 21º Certame de Poesía Concello de Carral, no que se lle entregará o premio a Xabier Cid por gañar esta edición co seu libro As bicis, e no que tamén se presentará a publicación do gañador do ano pasado, Das árbores tropicais e do amor de Xosé Luís Mosquera Camba.
O acto estará presidido polo alcalde José Luis Fernández Mouriño, e contará tamén coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, e de Verónica Martínez, membro do xurado da presente edición.
O Grupo Ouriol pechará o acto co espectáculo A maxia das palabras, un recital multidisciplinar –música, poesía e pintura- que ten como núcleo central da súa realización unha escolla da obra poética de María Victoria Moreno, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018. O espectáculo consiste no recitado dos poemas por parte da poeta e comunicadora Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares (frauta e saxo soprano) interactúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos. Asemade, durante o recital proxéctanse as imaxes realizadas para o evento polo artista Alfonso Costa.
Ao igual que en todas as edicións deste premio, o Concello de Carral, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, agasalla aos asistentes o libro que se presenta. Nesta ocasión Xosé Luís Mosquera Camba poderá dedicarllo aos participantes no acto.