https://carral.es//wp-content/uploads/2021/11/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2021-12-03 13:54:122022-01-26 09:28:23CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/11/Imaxe-Covid.jpg183275Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2021-11-05 19:25:582021-11-05 19:46:47DECRETO DE REAPERTURA DOS LOCAIS SOCIOCULTURAIS E ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO PARA AS ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Unha vez rematado o prazo de inscrición no CAMPAMENTO DE MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE, que se celebrará entre o 9 de agosto e o 3 de setembro, publícanse a listaxe das solicitudes admitidas:
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/07/Campamento-Medio-Ambiente-e-reciclaxe-2021.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2021-07-29 17:13:112021-09-20 11:33:10LISTAXES DE ADMITIDOS NO CAMPAMENTO DE MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE (do 9 de agosto ao 3 de setembro)
Unha vez rematado o prazo de inscrición nos CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO, que se impartirán entre o 2 e o 31 dese mes, publícase a LISTAXE das solicitudes admitidas
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/07/Cursos_Natación_Agosto2021-2.jpg63004440Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2021-07-29 13:03:122021-09-20 11:33:43LISTAXE DE ADMITIDOS NOS CURSOS DE NATACIÓN DE AGOSTO
Na edición de xullo son máis de 30 nenos e nenas os que participan nesta actividade.
O concello de Carral acaba de convocar os cursos de
natación para o mes de agosto para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. As datas previstas para estes cursos serán
desde o 2 ao 31 de agosto.
Debido á situación sanitaria, as prazas ofertadas para
esta actividade son de 30, divididos en dúas quendas de 15 alumnos/ as. Ao
mesmo tempo en cada quenda estableceranse dous grupos burbulla, un de
iniciación e outro de perfeccionamento, de forma que sexa posible o mantemento
das distancias interpersoais de seguridade.
Todo iso baixo un estrito paraugas dun protocolo Covid-19, de acordo coa
normativa sanitaria vixente.
As clases terán lugar entre as 12.00 e as 14.00 h segundo os grupos, e serán impartidas por
monitores especialistas, cunha duración de 45 minutos por sesión de luns a
venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso completo será de
28 €/alumno.
O prazo de inscrición prolongarase desde o 15 ata o 28 de xullo, e aqueles interesados poderán deberán acudir ao Centro Deportivo de Carral, (tlfo. 678 33 88 47), ou en complejo.deportivo@carral.es.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/07/Cursos_Natación_Agosto2021-2.jpg63004440Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2021-07-15 17:00:272021-09-20 11:35:33CARRAL ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO
No decreto 58/2021, do 10 de febreiro de 2021, o sr. alcalde resolve aprobar as bases e iniciar o procedemento de contratación dun/ha traballador/a para o departamento de servizos sociais do Concello de Carral: categoría profesional de traballador/a social, xornada completa, modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular do posto.
Para participar no procedemento, ao abeiro do recollido no punto 4 das bases, os/as interesados/ as poderán facelo segundo o modelo que se adxunta coas bases no prazo de cinco días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios e na web do Concello; isto é, desde o 15 de febreiro ao 22 de febreiro (5 días hábiles).
Máis información no servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de 9 a 14 horas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2020/03/31265462_1813918412250174_2752510107530035200_o.jpg960960Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-02-12 08:33:572021-02-12 16:05:50CONTRATACIÓN DE TRABALLADOR/A SOCIAL
O departamento de Cultura do Concello
de Carral ven de facer público o informe de avaliación da súa programación de
actividades do 2020. Evidentemente os índices de asistencia víronse diminuídos
pola pandemia, mais o compromiso adquirido para evitar cancelar actividades
culturais púidose manter con case a totalidade da programación.
O informe
lanza varias conclusións entre as que salientan que a tendencia ascendente dos
niveis xerais de asistencia que se viñan producindo ata o 2019, viuse
modificada pola pandemia do Covid-19, aínda que cunha redución moito menor (31%)
do que podería ser previsible; que a festa do Entroido foi o evento con maior
participación de público; que a metade das actividades ofertadas foron de artes
escénicas e de audiovisuais; que as actividades infantís notaron un gran
descenso de público; e que o último cuadrimestre concentrou tres cuartas partes
da programación.
No pasado
ano fixéronse por primeira vez varias accións de xeito on line, como foi un
contacontos, obradoiros de macramé ou de cabazas de Samaín, un concerto, así
como a emisión da xornada sobre os certames galegos de poesía.
A
avaliación recolle tamén novos indicadores para valorar os obxectivos do
departamento. Así, aplicouse unha clasificación ás actividades segundo o seu
nivel de promoción da igualdade de xénero, obtendo niveis satisfactorios, aínda
que con marxe de mellora.
As limitacións dos aforos impediu obter mellores cifras de espectadores. Aínda así, o departamento de Cultura maniféstase moi satisfeito polos niveis de asistencia de público. O compromiso adquirido no pasado abril polo Concello de Carral coa cultura, supuxo buscar novas fórmulas na oferta local, adoptando en todas as actividades estritas medidas sanitarias que garantisen a seguridade do público ante o Covid-19. A inquedanza sempre foi a saúde das persoas participantes e que o sector cultural se vira afectado o menos posible pola pandemia.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/02/Casa-Cultura-Carral-5w.jpg591787Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-02-10 12:32:012021-02-10 12:32:03CULTURA LOGROU MANTER NO 2020 O NIVEL DE PROGRAMACIÓN PREVISTO SEN A PANDEMIA
A pandemia esta a cambiar as nosas vidas e o Entroido e
outra das nosas representacións culturais que se vai ver afectado.
Desde a Concellería de Cultura non queremos que unha das
nosas tradicións máis arraigadas quede este ano no esquecemento. E para iso
organizase desde este departamento un concurso “virtual” aos mellores disfraces
choqueiros deste Entroido 2021 de Carral.
Para participar tes que enviarnos unha imaxe disfrazado/a de choqueiro/a a cultura@carral.es ou un whatsapp ó 674 793 475. indicando o título, un teléfono de contacto, e o nome, apelidos e idade de todos/as os/as participantes que aparecen nela.
Poderán participar todas aquelas persoas residentes no concello de Carral. Os menores de idade que participen no concurso deberán enviar a correspondente autorización, que atoparedes premendo aquí.
A participación pode ser individual ou grupal, e sempre respectando
as restricións actuais pola Covid-19, polo que na imaxe só poden aparecer
persoas convivintes.
Deberase detallar ademais, que é actual e do ano en curso,
mediante algún elemento visible na propia imaxe (calendario, papel coa data, etc.),
e non se admitirán aquelas nas que se promovan mensaxes violentas, sexistas,
denigrantes ou ofensivas.
O derradeiro día para participar será o 17 de febreiro de 2021. A
organización comprobará que se compren os requisitos e validará a inscrición a
través dun correo electrónico coa confirmación.
O concurso establece un premio para os tres mellores imaxes, e un agasallo
para todos/as os participantes. A Concellería de Cultura valorará a orixinalidade,
creatividade, o aproveitamento de elementos ou accesorios usados ou creados por
vos mesmos e que poñan en valor o verdadeiro e tradicional espírito choqueiro.
Todas as pezas admitidas subiranse ao Facebook de Cultura do Concello de
Carral e á web municipal. Os/as participantes no concurso e os seus
representantes legais, consenten automaticamente ao participar, a utilización e
publicación, por parte da organización, das imaxes en calquera tipo de medio así
coma a publicidade, promoción e aceptación das bases do concurso.
Para mais información podes chamar á Casa da Cultura ó 981 672 580.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/02/IMG_2579.jpg227340Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-02-05 15:02:072021-02-05 15:02:10CONCURSO DE ENTROIDO “CHOQUEIR@ DE ANDAR POLA CASA”
Entre o 4 e o 24 de febreiro está aberto o prazo para
inscribirse nos cursos preparatorios para a obtención das certificacións de
lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Para a área de Carral a oferta
dispoñible é a seguinte:
– Presencial ….. Celga 4: Escola
Oficial de Idiomas da Coruña
– Teleformación:
– 3 cursos a nivel Galicia ………. Celga 1
– 1 curso a nivel A Coruña ……. Celga 2
– 2 cursos a nivel A Coruña ….. Celga 3
– 5 cursos a nivel A Coruña ….. Celga 4
Máis información no Portal da Lingua Galega –https://www.lingua.gal– ou no Servizo Municipal de Normalización Lingüística (Casa da Cultura – 981 672 580).
https://carral.es//wp-content/uploads/2017/03/celga_web.jpg320448Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-02-03 10:55:362021-02-03 14:31:57CURSOS PREPARATORIOS PARA CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA “CELGA”
O taller, que desenvolve a entidade cultural BenCuriosa, está especialmente pensado para as persoas vinculadas a asociacións e colectivos do concello.
O vindeiro 3 de marzo comeza o obradoiro Construímos un relato. Un taller que se desenvolverá integramente en liña e que ten como obxectivo facilitar un contexto de experimentación en equipo en torno á creación de contidos dixitais vinculados ao territorio e á súa veciñanza.
O obradoiro, que se inclúe no proxecto Laboratorios Dixitais de Creación Dixital, conta con financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración da área de Cultura do Concello, e é de carácter gratuíto.
Está especialmente pensado para persoas vinculadas ao tecido asociativo de Carral con interese por incorporar as posibilidades que ofrecen as canles e ferramentas dixitais ás súas entidades.
Construímos un relato ten como obxectivo que as participantes xeren contidos dixitais a partir de coñecementos, vivencias, patrimonio, veciñanza… do territorio, explorando as posibilidades que ofrecen os formatos interactivos e desenvolvendo un proxecto en común.
O obradoiro ten un enfoque práctico e
combinará pequenos contidos teóricos cun acompañamento no desenvolvemento do proxecto con tres sesións en liña ás 18:30, os días 3,
10 e 24 de marzo.
Ten un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por un criterio estritamente cronolóxico. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar este formulario antes do 12 de febreiro.
Acción de guerrilla: crea a túa
contracampaña publicitaria!
Os Laboratorios Itinerantes que desenvolve BenCuriosa ofrecen un segundo obradoiro, neste caso non só en Carral,
senón que é común a todos os concellos da provincia da Coruña que participan no
proxecto.
Trátase de Acción de guerrilla: crea a túa contracampaña publicitaria!, unha proposta facilitada pola produtora creativa Illa Bufarda, especialmente dirixida a persoas e entidades con espírito crítico e activista, vinculadas á sensibilización ou defensa de colectivos, espazos e contextos vulnerables.
Este obradoiro ten como
obxectivo que as participantes acaden -e poñan
en práctica, a través dunha acción colectiva- os coñecementos e destrezas necesarios para desenvolver
unha campaña (de comunicación, divulgación, concienciación,…) en base aos
criterios da contrapublicidade.
Para isto combinará dúas sesión en
liña de 45’ de duración e contidos teóricos en formatos sinxelos audiovisuais,
así como propostas prácticas. As
participantes contarán co apoio e titorización da equipa de Illa Bufarda en
todo o proceso. As datas das sesións en liña serán o 4 e o 25 de marzo ambas ás 18:30.
Igual que no caso anterior, o obradoiro ten un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por un criterio estritamente cronolóxico. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar este formulario antes do 12 de febreiro.
É posible inscribirse nos dous obradoiros. Se quixerades máis información, podedes dirixirvos a ola@bencuriosa.gal, onde vos aclararán o que precisedes.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/01/banner2x1_carral.png9881976Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-01-29 13:28:192021-01-29 13:28:21O CONCELLO DE CARRAL ACOLLE O OBRADOIRO GRATUÍTO DE CREACIÓN DIXITAL “CONSTRUÍMOS UN RELATO”