Tag Archive for: Complexo deportivo


O Concello de Carral abre este mércores o prazo de inscrición para a III Liga de Pádel de Carral que se disputará durante estes meses de verán. Na 2ª edición desta liga foron un total de 18 parellas as rexistradass nesta competición con formato de parellas e mixto.

O torneo dará comezo o próximo 3 de febreiro estando previsto que se prolongue ata o 15 de xuño. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.

Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo entre o 15 e o 24 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/uKSexGHLRa6cGdut5

O Concello de Carral abre o terceiro prazo de inscrición das Escolas Municipais para aquelas actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poderán inscribirse entre as 9:00 h do 7 de xaneiro ata as 12:00 h do 10 de xaneiro. A matrícula pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura, a través do enlace http://manuelseijas.ddns.net/fmi/webd/MSInscripcionWEB, ou a través da sede electrónica no enlace: https://sede.carral.es/sxc/gl/procedimientosytramites/index.html#actividades_culturales_deportivas

PRAZAS VACANTES ESCOLAS MUNICIPAIS DE CARRAL

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

O trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez (5º na clasificación xeral).

Dentro da programación municipal de Nadal, o Concello de Carral organizou este domingo 22 de decembro a 23ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal.

Esta competición, clásica destas datas festivas, disputouse no pavillón municipal de Espiño reunindo a un total de 56 inscritos. Os participantes dividíronse en 4 categorías (sub-10, sub-14, absoluto e mellor local). A competición iniciouse ao redor ás 16.00 h e constou de 7 roldas de 10 min. por xogador cun incremento de 3 segundos. A sétima e última partida terminou ás 19.50 h, tras a cal Rodrigo Pena Barbeito (Club Ajedrez Magic de Extremadura) proclamouse campión absoluto do torneo. O xogador do club extremeño, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda, xusto por diante do cercedense Guillermo Ambroa Barbeito e Roberto Blandón Pao (Club Xadrez Sigrás).

O xogador do Club de Xadrez Magic de Estremadura, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda.

En canto á categoría sub-14 o triunfador foi Andrés Blanco Rodríguez (Club Xadrez Arteixo e 4º na xeral). A segunda posición da categoría foi para Mario Graña Vázquez (de Carral), pechando o pódium Rafael Soto Flrian (Club Xadrez Arteixo).

Por último, en canto á categoría sub-10, o campión foi Roi Bello (Carballo). A segunda recaeu en Mario García (Carballo) e finalmente a terceira posición foi para Brais García (Carral).

En canto ao trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez.

Terminada a rolda de partidas, ao redor das 20.00, foron entregados os premios da man do alcalde de Carral, Fº. Javier Gestal Pouse, quen destacou a altísima participación de xogadores nas categorías máis novas do evento (uns dos principais obxectivos do torneo), chegando a alcanzar o 65 % do total de rexistrados.

INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL

LISTAXE DE ADMITIDOS


DATAS E Nº DE PRAZAS:

– 1ª semana: do 23 ao 27 de decembro (60 prazas)

– 2ª semana: do 30 de decembro ao 3 de xaneiro (60 prazas)

HORARIOS: (luns a venres, excepto festivos) 

1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non       podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente                          comunicadas.
3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *

*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.

LUGAR

No recinto escolar do Colexio Vicente Otero Valcárcel – (ubicación: 43.224984, -8.354894) -; pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva descuberta, zona axardinada, patio escolar cuberto, comedor escolar, aula psicomotricidade)

DESTINATARIOS:

1. Para nenos/as dende Educación Infantil (dende 3 anos) e toda a Educación Primaria.

PREZO:  30 €/semana (consultar condicións dos campamentos)

              + 9,25 €/semana pola opción de madrugadores/tempo de xantar.

OBSERVACIÓNS NA INSCRICIÓN:

  1. Prazo entre o 11 (09:00 h) e o 18  de decembro (12:00 h).
  2. Prazas limitadas (60/semana). 
  3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: 

                – Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta.
                – Preferencia aos empadroados/as en Carral ou matriculados nos centros educativos da localidade. 

       4. Publicación das listaxes: 19 de decembro (pago do 19 ao 22 de decembro)

Máis info na Casa da Cultura (981.67.25.80) ou en casadacultura@carral.es

A concellería de deportes agarda a uns 50 inscritos para este clásico torneo do 22 de decembro.  Read more

O Concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición no programa das escolas deportivas e socio- educativas para aquelas actividades nas que quedaron prazas vacantes. Son un total de 95 novas prazas para un total de 18 actividades/grupos. Os interesados poderanse inscribir nas ofertadas dende ás 9.00 h do luns 7 de outubro.

O prazo pecharase o día 10 de outubro ás 14.00 h. Os alumnos/as inscritos serán contactados polos departamentos municipais correspondentes e poderán incorporarse ás correspondentes actividades dende o luns 14 de outubro.

LISTADOS ADMITIDOS/RESERVAS – HORARIOS

INDICACIÓNS:

  • Datas e horario: 27 de xullo entre as 18.00 e as 19.00 h
  • Lugar: Centro Ecuestre Finca Abrigosa (San Vicente)
  • Destinatarios: A partir de 7 anos (preferencia empadroados/as).
  • Prezo: 25 € /persoa
  • Observacións para a inscrición:
  • Prazo dende o 22 (10:00 h) ao 25 (23.59 h) de xullo.
  • Prazas limitadas (6) / adxudicaranse por orde de inscrición
  • CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: 
    • Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
    • Preferencia aos empadroados/as.
  • Publicación das listas de admitidos: 26 de xullo.
  • Prazo de pago: na propia instalación ao rematar a actividade, en metálico

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).

Case 70 nenos e nenas anotáronse para participar nestes cursos do mes de agosto.

LISTADOS ADMITIDOS/RESERVAS – HORARIOS E GRUPOS

INFORMACIÓN PARA OS ALUMNOS/AS DOS CURSOS DE NATACIÓN

INDICACIÓNS:

  • As datas nas que se desenrolarán estes cursos serán desde o 1 ao 30 de agosto.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2011, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • O prazo de pago será dende o 26 ata o 30 de xullo (14:00 h).
  • Formas de pago: (28 €/alumno/a)
    • Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será imprescindible enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
    • Con Tarxeta bancaria nas dependencias do Complexo Deportivo

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).


O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para o VIII Torneo de Pádel de Carral que se disputará durante estes meses de verán. Na 7ª edición, celebrada nos meses de xullo e agosto do 2023, foron un total de 34 xogadores (17 parellas) os rexistrados nesta competición con formato de parellas e mixto.

O torneo dará comezo o próximo 5 de agosto e prolongarase ata o 15 de setembro. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.

Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 1 de agosto, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin:https://forms.gle/2kZP2uKjJMxBXGm86