O programa Educando en Valores leva 7 anos levándose a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no IES de Carral. Trátase dunha iniciativa na que se traballan as competencias necesarias para desenvolver a intelixencia emocional das nenas e nenos, non só para poder obter un mellor rendemento académico, senón tamén para favorecer que o clima de convivencia nos centros educativos sexa respectuoso, afectivo e humano.
O curso pasado o programa tamén se estendeu ás familias con moito éxito, e este ano vaise repetir a experiencia a través da organización de obradoiros.
O primeiro será este xoves, 19 de decembro de 17:00 a 19:00 horas, para familias con rapaces do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. O contido do taller será o seguinte:
- Necesidades emocionais e sociais dos nenos e nenas. A importancia do vínculo seguro.
- Intelixencias múltiples: a intelixencia emocional.
- Claves para a educación desde a afectividade consciente.
- Estratexias e ferramentas para a educación emocional.
- A comunicación positiva.
- Normas e límites dende o afecto.
- Como axudar as crianzas a manexar as súas emocións.
O aforo é limitado.
Para máis información:
- Departamento de orientación do CEIP Vicente Otero Valcárcel.
- Servizos Sociais do Concello de Carral.